Love of Lesbian é un grupo musical de indie español formado en Barcelona que está en activo desde 1996.

Love of Lesbian
Love of Lesbian actuando en L'Hospitalet de Llobregat en 2008.
OrixeSant Vicenç dels Horts, Cataluña
Período1996 – presente
Xénero(s)Pop-rock
Indie
Selo(s) discográfico(s)Pussycats Records
Rock K
Naïve
MembrosSanti Balmes
Julián Saldarriaga
Jordi Roig
Joan Ramon Planell
Oriol Bonet
Na rede
Páxina web oficial
Twitter: loveoflesbian MySpace: loveoflesbian Spotify: 6VCoG3MG7ZKRxDjaYOvtrF iTunes: 41447591 Musicbrainz: 31ab8f5f-b5d7-41a2-80ef-13084aaf0eab Songkick: 197246 Discogs: 1244454 Allmusic: mn0001437800 Genius: Love-of-lesbian Editar o valor em Wikidata

Logo de tres discos en inglés, decidiron cantar en castelán, lingua en que sacaron os seus últimos tres discos. Santi Balmes considerou os inicios en inglés como un "erro" e explicou o cambio como un xeito de autoafirmación.[1] Un momento importante para a súa proxección como grupo foi a actuación como abreconcertos de The Cure durante o Dream Tour 2000.

Membros editar

Traxectoria editar

Son un dos grupos máis apreciados pola crítica da escena indie española, sobre todo a partir da publicación de Maniobras de escapismo en 2005. Neste disco Love of Lesbian pasaron de utilizaren o inglés nas súas letras a cantaren en castelán. Con ese disco e o seguinte Cuentos chinos para niños del Japón asentáronse como unha das principais bandas indies en español.[2][3]

A finais de marzo de 2009 publicaron un novo álbum, 1999 (o cómo generar incendios de nieve con una lupa enfocando a la luna), disco que na súa primeira semana á venda entrou ao número 33 da lista oficial de vendas en España (lista Promusicae).[4]

No ano 2009 participaron na oitava edición do Festival do Norte.

O tema "Club de fans de John Boy" é empregado polo programa de radio El Larguero como canción de peche durante a fin de semana.

Discografía editar

Notas editar

  1. "Entrevista a Love of Lesbian". Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2009. Consultado o 18 de agosto de 2009. 
  2. "Cuentos chinos para niños del Japón- Love Of Lesbian". Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2009. Consultado o 18 de agosto de 2009. 
  3. "Crítica de "CUENTOS CHINOS PARA NIÑOS DEL JAPON"...nuevo trabajo de Love of Lesbian". Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2009. Consultado o 18 de agosto de 2009. 
  4. Promusicae histórico de listas, 2009, semana 13.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar