Loureira tinta[1] é unha variedade de vide (Vitis vinifera) de uva tinta autóctona de Galiza, de pequeno tamaño, forma esférica e pel grosa de cor negra azulada, de cultivo pouco estendido e utilizada especialmente na elaboración dos viños da Denominación de Orixe Rías Baixas.

Existe tamén unha loureira branca, máis común, cunha uva branca, tamén autóctona de Galicia e do Norte de Portugal, de pequeno tamaño, forma esférica e pel grosa de cor verde amarelada, utilizada especialmente para a elaboración dos viños das denominacións de orixe Rías Baixas, Ribeira Sacra e Ribeiro.

Notas editar

  1. Nome galego en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega