Lourdes Domínguez

tenista profesional española

Lourdes Domínguez Lino, nada en Pontevedra o 31 de marzo de 1981, é unha tenista galega.

Infotaula de personaLourdes Domínguez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de marzo de 1981 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBarcelona Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura163 cm Editar o valor em Wikidata
Peso60 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntenista (1996–) Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1996 Editar o valor em Wikidata - 2016 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Patrimonio estimado2.434.215 $ Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deportetenis Editar o valor em Wikidata
Man de xogodestro  e one-handed backhand (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Modalidade Partido de tenis enllaç=enllaç= enllaç= Récord persoal
Tenis individual 568–411 Editar o valor em Wikidata  40 (2006)
Tenis dobres 377–215 Editar o valor em Wikidata 45 (2006)
WTA Info WTA Editar o valor em Wikidata
Participou en
20142014 L'Open Emeraude Solaire de Saint-Malo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
Dopaxe Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou a xogar sendo unha nena, e aos 14 anos foi prepararse ao Centro de Alto Rendemento de Sant Cugat, en Barcelona, onde segue vivindo. O seu adestrador é Karin Perona.

Foi a primeira galega en gañar un torneo da WTA e a primeira galega en clasificarse entre as cen mellores xogadores de tenis do mundo e, despois entre as cincuenta. Tamén foi a primeira galega en lograr o pase á 3ª rolda dun Grand Slam, algo que conseguiu en dúas ocasións en Roland Garros: 2005 e 2009.

Deu positivo por cocaína no torneo de Acapulco de 2002, polo que se lle aplicou unha suspensión de tres meses.[1]

Palmarés editar

Gañadora no aberto de Bogotá en febreiro de 2006 e finalista nese mesmo torneo en 2005, chegou a ocupar a posición 41ª da clasificación da WTA en maio de 2006. Nesa mesma tempada participou en tres dos catro torneos do Grand Slam, o Aberto de Australia, Roland Garros e Wimbledon e nos tres quedou eliminada en primeira rolda. Volveu gañar o torneo de Bogotá no 2011. En 2015 gañou o torneo ITF de Curitiba[2].

En dobres gañou seis títulos, en 2007 en Bogotá, no 2007 en Acapulco, no 2008 en Barcelona, no 2011 en Bastad, no 2013 en Acapulco e tamén no 2013 en Katowice.

WTA editar

Torneo Posición Final contra Resultado Data
Bogotá (Colombia) Flavia Pennetta (Italia) 7-6 e 6-4 21 de febreiro de 2005
Bogotá (Colombia) Flavia Pennetta (Italia) 7-6 e 6-4 27 de febreiro de 2006
Budapest (Hungría) Anna Smashnova (Israel) 6-1 e 6-3 30 de xullo de 2006
Bogotá (Colombia) Mathilde Johansson (Francia) 2–6, 6–3, 6–2 20 de febreiro de 2011
Curitiba (Brasil) Dana Kovinic (Montenegro) 4-6, 6-2 e 6-3 8 de marzo de 2015

WTA (dobres) editar

Torneo Compañeira Posición Final contra Resultado Data
Rabat (Marrocos) Nuria Llagostera (ESP) Loit e Strycova (FRA-CHE) 3-6 7-6 e 7-5 7 de maio de 2005
Budapest (Hungría) Marta Marrero (ESP) Loit e Srebotnik (FRA-SLO) 6-1 3-6 e 6-2 2005
Bogotá (Colombia) Paola Suárez (ARG) Roberta Vinci e Flavia Pennetta (ITA) 1–6, 6–3, [11–9] 22 de febreiro de 2007
Acapulco (México) Arantxa Parra Santonja (ESP) Nicole Pratt e Émilie Loit (AUS-FRA) 6–3, 6–3 3 de marzo de 2007
Barcelona (España) Arantxa Parra Santonja (ESP) María José Martínez Sánchez e Nuria Llagostera Vives (ESP) 4–6, 7–5, [10–4] 14 de xuño de 2008
Bastad (Suecia) María José Martínez Sánchez (ESP) Arantxa Parra Santonja e Nuria Llagostera Vives (ESP) 6–3, 6–3 9 de xullo de 2011
Acapulco (México) Arantxa Parra Santonja (ESP) Catalina Castaño e Mariana Duque Mariño (COL) 6–4, 7–6(7–1) 2 de marzo de 2013
Katowice (Polonia) Lara Arruabarrena (ESP) Raluca Olaru e Valeria Solovyeva (COL-RUS) 6–4, 7–5 13 de abril de 2013

Grand Slam editar

Torneo Posición Ano
Aberto de Australia 1ª rolda 2006
Roland Garros 1ª rolda 2006
Wimbledon 1ª rolda 2006

Polémicas editar

En 2010, e xunto con outras cinco tenistas españolas María José Martínez, Anabel Medina, Arancha Parra, Carla Suárez e Nuria Llagostera, anunciou a súa renuncia a participar na Copa Federación de tenis representando a España, en protesta pola falta de apoio ao tenis feminino por parte da Federación Española de Tenis[3].

Outros datos editar

Mide 1.63 e é destra.

Notas editar

  1. "Domínguez da positivo por cocaína". elmundo.es. 25 de agosto de 2002. Consultado o 28 de novembro de 2012. 
  2. "Vitoria tres anos despois", artigo en Galicia Confidencial, 10 de marzo de 2015.
  3. El CSD mediará en el caso de la Copa Federación Arquivado 09 de marzo de 2016 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 20/9/2010

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar