Louis Bobet, alcumado Louison, nado en Saint-Méen-le-Grand (Bretaña) o 12 de marzo de 1925 e finado o 12 de marzo de 1983, foi un ciclista francés, o primeiro en gañar tres veces seguidas o Tour de Francia.

Infotaula de personaLouison Bobet

(1951) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Louis Bobet Editar o valor em Wikidata
12 de marzo de 1925 Editar o valor em Wikidata
Saint-Méen-le-Grand, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte13 de marzo de 1983 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Biarritz, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de cerebro Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaSaint-Méen-le-Grand Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaFontenay-sous-Bois Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónciclista , membro da resistencia francesa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaFrancia Editar o valor em Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor em Wikidata
Participou en
19581958 Challenge Desgrange-Colombo (en) Traducir (6º)
19571957 Challenge Desgrange-Colombo (en) Traducir (4º)
19561956 Challenge Desgrange-Colombo (en) Traducir (5º)
19551955 Challenge Desgrange-Colombo (en) Traducir (2º)
19541954 Challenge Desgrange-Colombo (en) Traducir (3º)
19531953 Challenge Desgrange-Colombo (en) Traducir (2º)
19521952 Challenge Desgrange-Colombo (en) Traducir (6º)
19511951 Challenge Desgrange-Colombo (en) Traducir (1º)
19501950 Challenge Desgrange-Colombo (en) Traducir (9º)
19481948 Challenge Desgrange-Colombo (en) Traducir (7º)
Tour de Francia Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsJean Bobet (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

A súa primeira participación no Tour foi en 1947, abandonou entre bágoas nos Alpes o que lle valeu o alcume desprezativo de La Bobette. En 1948 colleu a camisola amarela na terceira etapa para perdela ao día seguinte e recuperala na sexta etapa grazas a súa vitoria en Biarritz. Pero nos Alpes o veterano Gino Bartali reventou a carreira con tres vitorias sucesivas que lle valeron o triunfo final. Bobet, cun honroso cuarto posto e dúas vitorias, era máis ca unha promesa.

A mala fortuna impediulle rematar o Tour de 1949, pero no de 1950 facía podio ao ser terceiro. Ao ano seguinte o seu equipo, aínda desconfiando das súas posibilidades, centrouse no seu líder Raphaël Géminiani que faría segundo. Bobet que viña de facerse co gran premio da montaña no Giro de Italia gañaría unha tirada pero acadaría un discreto posto vinte na clasificación xeral. Ese ano vencería na Milán-San Remo e no Giro da Lombardía.

Tras un ano sen Tour no que venceu no prestixioso Gran Premio das Nacións, en 1953 no 50 aniversario da carreira, será o gran dominador da rolda francesa. Pero as ausencias de Fausto Coppi, Ferdi Kübler, Hugo Koblet e outras estrelas aínda semellaban restar méritos ao logrado. As cousas quederán claras en 1954 cando se proclamou vencedor sacándolle 15 minutos a Kübler. Por fin se viu nel un gran campión, o que tería a súa rúbrica ao adxudicarse o campionato do mundo de fondo en estrada. Coa terceira vitoria de 1955 acabará pasando á historia. Ese ano faríase tamén coa Dauphiné Libéré

Problemas de saúde impediranlle correr o Tour nos anos vindeiros, pero deixou clara a súa afouteza na París-Roubaix de 1956. En 1957 era segundo no Giro cunha tirada no seu haber. O seu derradeiro Tour finalizado será o de 1958 no que acabaría de sétimo. En total fíxose na carreira francesa con 11 tiradas.