Louise du Pierry

astrónoma francesa

Louise Elizabeth Felicite Pourra de la Madeleine du Pierry, nada en 1746 e finada en 1789, foi unha astrónoma francesa e, segundo as crónicas oficiais, foi a primeira muller que se recolle que foi profesora na Sorbona de París: en 1789 impartiu cursos públicos de astronomía para mulleres na Sorbona -Cours d astronomie ouvert pour les dames et mis à leur portée-.[1] Estudou astronomía con Joseph-Jérome Lalande, director do observatorio de París[2], quen lle chegou a adicar o seu libro "Astronomie des dames" (1790) -no que se recopilaban os cursos impartidos en 1789-[3] afirmando que:

Louise du Pierry
Nome completoLouise Elizabeth Felicite Pourra de la Madeleine du Pierry
Nacemento1746 e 30 de xullo de 1746
Lugar de nacementoLa Ferté-Bernard
Falecemento27 de febreiro de 1807 e 27 de febreiro de 1830
Lugar de falecementoLuzarches
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónastrónoma, pintora e debuxante
editar datos en Wikidata ]

«... elle représente un modèle pour toutes les femmes à cause de ses hautes qualités intellectuelles. »[2]

"...ela representa un modelo para tódalas mulleres debido ás súas altas cualidades intelectuais".

Notas editar

  1. "Louise du Pierry – Physik-Schule". physik.cosmos-indirekt.de (en alemán). Consultado o 2022-03-23. 
  2. 2,0 2,1 Bernardi, Gabriella (2016). The Unforgotten Sisters: Female Astronomers and Scientists before Caroline Herschel. Springer Praxis Books. pp. 131-134. ISBN 978-3-319-26125-6. 
  3. "IMCCE - Connaissance des Temps". cdt.imcce.fr. Consultado o 2020-12-09. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • Posdcast sobre Louise du Pierry realizado dentro do proxecto "Ella es una astrónoma" con motivo do Ano Internacional da Astronomía 2009 (AIA-IYA 2009).

Outros artigos editar