Louise Joy Brown nada o 25 de xullo de 1978 na cidade inglesa de Oldham sendo filla de Lesley e John Brown, é a primeira persoa que naceu a partir dunha fecundación in vitro.

Louise Brown
Nacemento25 de xullo de 1978
Lugar de nacementoOldham
NacionalidadeReino Unido
Ocupaciónmédica e babá
Na rede
IMDB: nm2095153 Facebook: LouiseJoyBrownIVF Twitter: louisejoybrown WikiTree: Brown-173517 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Circunstancias editar

O seu nacemento estivo rodeado de moita polémica debido a como foi concibida, ao ser o primeiro caso e xa que logo tivo que pasar múltiples revisións para comprobar a súa saúde e demostrar que a fecundación in vitro é tan segura como a natural.

Os seus pais intentaran concebila durante nove anos, pero sen éxito debido ao bloqueo das trompas de Falopio de Lesley. O 10 de novembro de 1977, Lesley Brown someteuse a tratamento nas mans dos doutores Patrick Steptoe e Robert Geoffrey Edwards (Premio Nobel de Medicina en 2010).
Paradoxalmente, a pesar de que os Brown sabían que o procedemento era experimental, os médicos non lles anunciaron que nunca antes se concibiu unha criatura mediante a fecundación artificial, provocando con isto unha situación "delituosa" de esconder información ao paciente.

Nacemento editar

Brown naceu ás 23:47h no Hospital Xeral de ldham, a través dunha cesárea xa prevista. A criatura pesou 2'608 kg. no momento do parto. O seu nacemento foi gravado en vídeo. Ten unha irmá, Natalie, tamén concibida a través da fecundación in vitro.

Actualmente é unha traballadora de correos e foi enfermeira en Bristol.

Tivo un fillo á idade de 28 anos, o 20 de decembro de 2006, de forma natural e sen recorrer á fecundación in vitro como os seus pais tiveron que facer.