Louis Renault

xurista francés

Louis Renault, nado en Autun o 21 de maio de 1843 e finado en Barbizon o 8 de febreiro de 1918, foi un xurista e educador francés. En 1907, xunto con Ernesto Teodoro Moneta, gañou o Premio Nobel da Paz.

Infotaula de personaLouis Renault

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Louis Renault Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de maio de 1843 Editar o valor em Wikidata
Autun, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte8 de febreiro de 1918 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Barbizon, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Montparnasse Editar o valor em Wikidata
President of the Institut de Droit International (en) Traducir
1894 – 1895
Presidente French Military Relief Society (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Borgoña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoDereito, Dereito internacional, Dereito romano e Dereito mercantil Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo París Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxurista , xuíz , profesor universitario , pedagogo , avogado Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de París Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Premios

WikiTree: Renault-50 Find a Grave: 217478451 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Entre o 1868 e 1873, Louis Renault foi profesor de Dereito romano e Dereito comercial na Universidade de Dijon. Desde 1873 e ata a súa morte foi profesor na Universidade de París, converténdose en profesor de Dereito internacional en 1881. En 1890 o Ministerio de Relacións Exteriores creou especialmente para el o posto de xurisconsulto. Como tal, participou en diversas conferencias internacionais demostrando gran capacidade, destacando as dúas conferencias da Haia en 1899 e 1907, así como a conferencia naval de Londres de 1908 e 1909.


 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.