Louie Donowa

futbolista británico

Brian Louie Donowa, nado en Ipswich o 24 de setembro de 1964, é un exfutbolista inglés. Xogaba de centrocampista.

Louie Donowa
Información persoal
Nome Brian Louie Donowa
Nacemento 24 de setembro de 1964 (59 anos)
Lugar de nacemento Ipswich
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
1980–1982 Norwich City
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1982–1986 Norwich City 62 (11)
1985Stoke City (cedido) 4 (1)
1986–1989 Deportivo da Coruña 85 (20)
1989 Willem II 13 (4)
1989–1990 Ipswich Town 23 (1)
1990–1991 Bristol City 24 (3)
1991–1997 Birmingham City 116 (18)
1993Burnley (cedido) 4 (0)
1993Crystal Palace (cedido) 0 (0)
1994Shrewsbury Town (cedido) 4 (0)
1996Walsall (cedido) 6 (1)
1996–1997Peterborough United (cedido) 6 (1)
1997 Peterborough United 17 (0)
1997 Walsall 6 (0)
1997–1998 Ayr United 9 (0)
1998 Inter Turku 4 (1)
1999–2000 Boston United 1 (0)
2000 Tamworth
Selección nacional
1985 Inglaterra sub-21 3 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Iniciouse no Norwich City FC en 1982, provindo das súas categorías inferiores, formando parte do equipo que gañou a FA Youth Cup en 1983 ao Everton (6–5) e a Football League Cup de 1985 ao Sunderland (1–0). Durante este tempo foi chamado para a selección sub-21 inglesa.

Iniciada a tempada 1985–86 foi contratado polo Deportivo da Coruña por 50.000 £ (uns 57.000 ). No Dépor xogou 4 campañas sendo máis irregular na derradeira, coa chegada do dianteiro Raudnei.

En 1989 volveu a Inglaterra e xogou no Ipswich Town F.C., Bristol City F.C., Birmingham City, Burnley F.C., Crystal Palace F.C., Shrewsbury Town F.C., Walsall F.C. e Peterborough United F.C..

Retirouse no ano 2000 xogando no Tamworth, un equipo non profesional.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar