Lost (tempada 2)

(Redirección desde «Lost (temporada 2)»)

A segunda tempada da serie de televisión Lost foi estreada en Estados Unidos e Canadá o 21 de setembro de 2005, finalizando o 24 de maio de 2006, tras de 24 episodios. Esta temporada continúa a historia do grupo de sobreviventes a un accidente aéreo nunha remota illa do Pacífico Sur. Son mostrados por primeira vez os outros sobreviventes do avión, así como os outros enigmáticos habitantes da illa. Nestes capítulos séguese afondando no pasado das personaxes e acción adoita xirar en torno ao zapón, onde se comezaran a coñecer cousas dun grupo de científicos coñecido como Iniciativa Dharma.

Segunda temporada de Lost
Tempada de Lost (serie de televisión)
Orixe Estados Unidos
de episodios24
Emisión
Canle orixinalABC
Emisión orixinal21 de setembro de 2005
- 24 de maio de 2004
Cronoloxía
Lost (temporada 1) Segunda temporada de Lost Lost (temporada 3)

Esta tempada foi emitida os mércores as nove da tarde nos Estados Unidos. Ademais dos 24 episodios tres pequenos programas relembraron acontecementos previos na illa: "Destination Lost" antes da estrea da tempada, "Lost: Revelation" despois do episodio 10 e "Lost: Reckoning" despois do 20. A tempada saíu á venda en DVD en sete discos nunha caixa chamada Lost: The Complete Second Season – The Extended Experience o 5 de setembro de 2006 (nos Estados Unidos)

Resumo da tempada editar

O zapón que os personaxes conseguiran abrir ao final da primeira tempada resulta ser unha especie de búnker que conta con auga corrente, electricidade, comida etc. No sitio tamén hai computadora na que, de acordo ao ocupante do búnker (un home chamado Desmond), debe introducirse a serie de números "4, 8, 15, 16, 23, 42" cada 108 minutos ou o mundo acabarase. Un aparello na parede mostra a conta atrás, e unha alarma soa xusto 4 minutos antes de que se cumpra o prazo de tempo. Os sobreviventes que entraron no búnker, Jack, Kate e Locke, debaten acerca de se deberían ou non crer no que Desmond lles está a contar. Jack, de carácter máis racional, di que todo iso soa absurdo, mentres que Locke ten máis dúbidas e sente que deberían ter fe no que lles contou Desmond. Progresivamente, e grazas entre outras cousas a un vídeo informativo que había no búnker, aprenden que o que ata agora estiveran chamando "o zapón" é A estación Cisne, unha das estacións de A Iniciativa DHARMA. Despois de haberllo contado todo, Desmond márchase.

Mentres tanto, Sawyer e Michael, cuxa balsa fora destruída ao final da primeira tempada (coa consecuente desaparición de Jin e Walt) conseguen con dificultades regresar á illa. Alí atópanse cun Jin que foxe aterrorizado de quen parecen ser Os Outros. Ao principio son capturados os tres, pero posteriormente decátanse de que os seus captadores son en realidade máis sobreviventes do accidente de avión, que simplemente foran a parar a outra parte da illa. Este grupo de sobreviventes está liderado por unha ex-policía chamada Ana Lucia e integrado polo Sr. Eko, de orixe africana. Finalmente ponse de acordo para viaxar todos xuntos cara ao outro lado da illa para reunirse co resto dos sobreviventes, aínda que de camiño, e accidentalmente, Ana Lucia dispara e mata a Shannon. Mentres tanto, as preocupacións de Michael céntranse en tratar de atopar ao seu fillo Walt.

Rousseau captura a un home que di chamarse Henry Gale, que chegara á illa accidentalmente en globo. O home insiste en que non é un d'Os Outros, mais os sobreviventes non confían nel e pechano nunha cámara da estación Cisne, onde lle interrogan con dureza. Entre tanto, nunha ocasión Locke queda atrapado dentro da estación pero sen poder chegar ata o computador para introducir os números, polo que pide axuda a Henry. A alarma empeza a soar e prodúcese un gran caos, durante o cal Locke consegue ver un mapa pintado na parede que era só visible á luz ultravioleta, mais logo a situación volve á normalidade e restablécese a conta atrás. Henry afirma que non escribiu nada no computador, o que enche de dúbidas a Locke con respecto a se a tarefa que está a levar a cabo serve realmente para algo. Tamén se descobre que Henry estaba a mentir e era en realidade un d'Os Outros, polo que deciden manterlo encerrado.

Seguindo pistas dos seus soños, e do mapa que Locke puido ver durante uns segundos na estación Cisne, el e Eko buscan e atopan o que parece ser a estación central, A estación da Perla. Esta estación parece deseñada para observar aos ocupantes das outras estacións, o que fai a Locke convencerse de que en realidade todo o asunto de introducir os números cada 108 minutos é só un experimento psicolóxico e non "salva o mundo".

Mentres tanto Michael continúa buscando ao seu fillo secuestrado, Walt. Un día, mentres se atopa na estación Cisne, cre ter unha conversación co seu fillo a través do computador, o que lle conduce a tratar de chegar ata o campamento d'Os Outros pola súa conta. Alí permítenlle falar co seu fillo, e prométenlle que o deixarán ir se ceiba a Henry e trae a Jack, Kate, Sawyer e Hurley ata o campamento. Michael volve á estación Cisne, mata a Ana Lucia e a Libby, libera a Henry, e dispárase a si mesmo no ombreiro para poder finxir que Henry conseguiu escapar pola forza. Pouco despois diso, Desmond regresa á illa no barco no que había tratado de abandonala.

Finalmente Michael convence a Jack, Kate, Sawyer e Hurley para ir ata o campamento d'Os Outros a rescatar a Walt, mais Sayid intúe que é unha trampa e avisa a Jack. El, pola súa banda, seguiraos no barco de Desmond a certa distancia. Para esta tarefa leva tamén a Jin e a Sun.

A pesar de que Jack estaba prevido, a expedición de sobreviventes sofre unha emboscada. Henry, aparente líder d'Os Outros, cumpre o seu parte do trato e libera a Michael e a Walt, aos que ademais lles proporciona un barco para abandonar a illa. Isto veno os seus compañeiros, e comprenden que Michael lles traizoou. Os Outros secuestran entón a Jack, Sawyer e Kate, mais permiten que Hurley volva ao campamento.

Locke e Desmond entran na estación Cisne e encerran a Eko para que non poida introducir os números. No último momento, Desmond dáse conta de que a última vez que os números non foron introducidos xusto a tempo foi o día en que o avión se estrelou na illa. Cando o contador chega a cero faise patente unha enorme forza magnética, creando o caos dentro da habitación. Desmond dille a Locke que vai salvalo, e baixa a un punto que hai baixo a estación para activar un mecanismo. O resultado inmediato non se mostra, pero a illa enteira vese envolvida nunha luz cegadora e un son atronador.

A segunda tempada acaba mostrando unha estación científica no Polo, na que dous homes observan unha "anomalía" nun monitor e chaman a Penélope, a antiga noiva de Desmond, para dicirlle que atoparon o que estaban a buscar.

Elenco editar

Recepción editar

Esta tempada foi nomeada a nove Emmy, incluíndo nomeamentos ao mellor guión, dirección e actor invitado. Con todo, finalmente a tempada non gañou ningunha dos premios. Tamén foi nomeada a dous Globos de Ouro: á mellor serie de drama e mellor actriz protagonista (Evangeline Lilly polo seu papel de Kate), aínda que desta ocasión tampouco se levaron ningún dos premios.

O DVD da tempada foi número un en vendas na súa primeira semana de lanzamento, chegando á vender 500.000 no primeiro día, sendo na tenda electrónica Amazon o sétimo máis alto en venda de DVD do ano 2006. O DVD recibiu unha "aclamación universal", cunha puntuación media de 85 sobre 100 en Metacritic. A estrea do primeiro capítulo da tempada logrou acadar unha moi elevada cota de pantalla con 23,47 millóns de espectadores nos Estados Unidos, sendo a media en xeral da tempada de 18,91 millóns de espectadores, unha media lixeiramente superior á da primeira tempada, que rexistrara 18,38 millóns de media.

Lista de episodios editar

# Título Director/es Personaxe/s central/is Data de emisión Código
26 "Man of Science, man of Faith"
Home de ciencia, home de fe
Jack BenderJack21 de setembro de 2005201

Cando Jack, Kate e Locke investigan o zapón aberto, atopan un home que vivía dentro dela, quen cre que eles son alguén máis. Shannon ten un misterioso encontro na selva. 

27 "Adrift"
Á deriva
Stephen WilliamsMichael28 de setembro de 2005202

Michael e Sawyer (quen está lesionado) tratan de sobrevivir ao perigo do océano, mentres non poden atopar a Jin e Walt por ningures. O misterio do zapón resólvese. 

28 "Orientation"
Orientación
Jack BenderLocke5 de outubro de 2005203

Jack e Locke descobren o propósito do zapón. Michael, Sawyer, e Jin son capturados por persoas que cren que son "Os Outros". 

29 "Everybody Hates Hugo"
Todos odian a Hugo
Alan TaylorHurley12 de outubro de 2005204

Hurley sofre dificultades cunha tarefa asignada ao interior do zapón. Michael, Sawyer e Jin descobren que os seus captadores son en efecto outros sobreviventes do voo 815 de Oceanic. 

30 "...And Found"
...E atopados
Stephen WilliamsJin e Sun19 de outubro de 2005205

Jin e Eko continúan a procura de Michael que se foi en busca de Walt. Preocupada pola vida do seu esposo, Sun busca o seu anel de compromiso que perdeu. 

31 "Abandoned"
Abandonados
Adam DavidsonShannon9 de novembro de 2005206

Shannon ve a Walt pola illa en repetidas ocasións e comeza a buscalo. Con Sawyer preto da morte, Ana Lucía e o grupo da cola do avión chegan ao campamento dos outros sobreviventes. 

32 "The Other 48 Days"
Os outros 48 día
Eric LaneuvilleSobreviventes da sección da cola16 de novembro de 2005207

Os 48 días despois do accidente son narrados de novo desde o punto de vista dos sobreviventes da zona da cola do avión, que foron atacados repetidamente polos outros

33 "Collision"
Colisión
Stephen WilliamsAna Lucía23 de novembro de 2005208

A chegada dos outros sobreviventes ao campamento finalmente prodúcese pero por un malentendido todo acaba nunha traxedia. 

34 "What Kate did"
O que fixo Kate
Paul EdwardsKate30 de novembro de 2005209

Kate pensa que se está volvendo tola mentres atende a un ferido Sawyer. Locke e Eko descobren máis sobre Dharma, e Michael recibe unha inesperada mensaxe no computador. 

35 "The 23rd Psalm"
O Salmo 23
Matt Earl BeesleyEko11 de xaneiro de 2006210

Eko pídelle a Charlie que lle guía ata o aeroplano que transportaba droga. Claire perde a confianza nel ao descubrirse que seguía ocultando droga. 

36 "The Hunting Party"
A festa da cazaría
Stephen WilliamsJack18 de xaneiro de 2006211

Michael abandona aos sobreviventes para ir en busca do seu fillo. Jack, Locke e Sawyer perségueno, pero atopan unha sorpresa inesperada na xungla. 

37 "Fire + Water"
Lume + Auga
Jack BenderCharlie25 de xaneiro de 2006212

Charlie soña que a vida de Aaron periga, e que só o bautismo pode salvalo. Por outra banda, Sawyer axuda a Hurley na súa relación con Libby. 

38 "The Long con"
A gran estafa
Roxann DawsonSawyer8 de febreiro de 2006213

Cando Sun é atacada, a tensión entre os sobreviventes acentúase e xorde unha loita interna polo control das armas. 

39 "One of Them"
Un deles
Stephen WilliamsSayid15 de febreiro de 2006214

Rousseau atopa na selva a un home que parece ser un Outro. Locke e Sayid póñense de acordo para tentar sacarlle información, mais todo acaba nunha macabra tortura. 

40 "Maternity Leave"
Abandono Materno
Jack BenderClaire1 de marzo de 2006215

Cando Aaron ponse enfermo, Claire, xunto con Kate e Rousseau, vai en busca do lugar onde ela foi levada durante o seu secuestro para buscar medicamentos. Jack e Locke discuten sobre o que deben facer co seu prisioneiro. 

41 "The Whole Truth"
Toda a verdade
Karen GaviolaSun22 de marzo de 2006216

Sun cre que pode estar embarazada. Ana Lucía parte con Sayid en busca do suposto globo que apoiaría a coartada de Henry Gale, o prisioneiro. 

42 "Lockdown"
Pechados
Stephen WilliamsLocke29 de marzo de 2006217

Cando o zapón entra en estado de alerta repentinamente, Locke é atrapado por unha comporta e só Henry pode pulsar as teclas. A procura do globo finaliza con sorprendentes resultados. 

43 "Dave"
Dave
Jack BenderHurley5 de abril de 2006218

Hurley sofre alucinacións que lle fan comer e comer, e mesmo tentar suicidarse, e é axudada por Libby a superalas. Locke comeza a ter dúbidas sobre o funcionamento do zapón. 

44 "S.O.S."
S.O.S.
Eric LaneuvilleRose e Bernard12 de abril de 2006219

Rose está oposta completamente ao plan de Bernard de crear un xigantesco sinal de SOS. Jack e Kate parten para negociar sobre a devolución de Henry a cambio de Walt. 

45 "Two for the Road"
Dous no camiño
Paul EdwardsAna Lucía3 de maio de 2006220

Jack e Kate transportan a un exhausto Michael ao campamento, quen dá noticias sobre a realidade d'Os Outros. Ana Lucía é atacada por Henry Gale e pensa en matalo, e Hurley prepara a súa cita con Libby. 

46 "?"
?
Deran SarafianEko10 de maio de 2006221

O Sr. Eko pídelle axuda a Locke para atopar un lugar secreto, o cal el cre, ten todas as respostas aos misterios da illa. Mentres tanto, Jack e os outros sobreviventes tentan arranxarllas coa terrible situación no zapón. 

47 "Three Minutes"
Tres minutos
Stephen WilliamsMichael17 de maio de 2006222

Michel está determinado e convence a Jack e a varios sobreviventes de que o axuden a rescatar a Walt d'Os Outros. Mentres tanto, Charlie lida coa decisión de Eko de deixar a construción da igrexa. Ao mesmo tempo haberá unha resposta á pregunta de onde estivo Michael e unha resolución para el e Walt. 

48/49 "Live Together, Die Alone"
Vivir xuntos, morrer sós
Jack BenderDesmond24 de maio de 2006223/224

Logo de descubrir algo moi estraño na costa, a Jack e a Sayid ocórreselles un plan para confrontar a "Os Outros". Eko e Locke peléxanse debido á decisión de Locke con respecto ao "botón" e ao zapón. Desmond regresa e trae algo máis de luz acerca da experiencia del na illa nos últimos tres anos. Jack, Kate, Sawyer e Hurley son atrapados por "Os Outros", o zapón explota e ocorre unha gran descarga.