Los Santos de Maimona

Los Santos de Maimona é un municipio de España, na provincia de Badaxoz, Comunidade Autónoma de Estremadura. Ten unha poboación de 8.107 habitantes.

Modelo:Xeografía políticaLos Santos de Maimona
Imaxe

Localización
Mapa
 38°26′56″N 6°23′02″O / 38.448888888889, -6.3838888888889Coordenadas: 38°26′56″N 6°23′02″O / 38.448888888889, -6.3838888888889
EstadoEspaña
Comunidade autónomaEstremadura
ProvinciaProvincia de Badaxoz Editar o valor em Wikidata
CapitalLos Santos de Maimona (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación8.096 (2023) Editar o valor em Wikidata (74,96 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie108 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude529 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataManuel Lavado Barroso (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal06230 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE06122 Editar o valor em Wikidata

Páxina weblossantosdemaimona.org Editar o valor em Wikidata

Localización editar

Atópase a 75 km da capital e cunha poboación superior aos 8.000 habitantes, o seu termo municipal ten unha extensión de 109,02 km². Sitúase a 529 msnm.

Accesos editar

É unha das poboacións mellor comunicadas do sur da provincia de Badaxoz, é unha encrucillada de camiños pola que transcorren as seguintes vías de comunicación:

  • N-630/A-66 Xixón- Sevilla (Ruta da Prata - Camiño de Santiago de Compostela). Que enlaza coa N. V a Madrid- Lisboa.
  • N-432 Badaxoz- Córdoba- Granada.
  • Liña férrea Mérida - Sevilla - Huelva.

Contexto xeográfico editar

O terreo é chairo ou suavemente ondulado, só interrompido por alargadas lombas de escaso relevo que corren de NO a SE, iniciándose no cerro do Castelo e continuando polos Cerros de Escorrega. Ao sur de Los Santos de Maimona eríxese a serra de San Cristóbal, que continúa ao longo do límite do termo en dirección noroeste pola serra de Los Santos e a serra los Olivos que, interrompida polo val do arroio Robledillo, continúa máis ao norte pola serra de Cabrera. A altura destes accidentes non excede nunca os 660 msnm.

As terras do chairo son profundas e arxilosas, a maioría de secaño, exceptuando feraces hortas que rodean a poboación. O clima é suave, con invernos curtos e veráns calorosos. A vila atópase situada nun val de suaves lombas: a serra de San Jorge, a de San Cristóbal e Cabrera. Ocupa a parte sur da Comarca Terra de Barros situada ao suroeste a 75 km de Badaxoz, a 56 km de Mérida e a 5 km de Zafra.

Fauna e flora editar

Cultívanse a vide, as oliveiras, cereais e amendoeiras. A gandería é principalmente porcina, ovina e vacúa, con algunhas granxas avícolas. É unha zona rica en caza menor abundando as perdices, os coellos, as lebres e as aves de paso. Existen zonas carboníferas, calcarias para a fabricación de cemento e canteiras de pedra e mármore.

Hidrografía editar

A rede fluvial constitúena arroios de escaso caudal que sofren estiaxe total a partir da primavera, non correndo de novo ata as primeiras augas outonais.

O resto da auga e o abastecemento a Los Santos provén de pozos ricos e superficiais, que se estenden ao longo de todo o termo municipal. A pluviosidade é escasa predominando os ventos do leste.