Lorenzo García Vidal
avogado e político galego
Lorenzo García Vidal, nado en Loureiro (Concello de Cotobade) o 20 de febreiro de 1847 e finado na mesma parroquia o 30 de abril de 1928[1], foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de febreiro de 1847 Loureiro, España |
Morte | 30 de abril de 1928 (81 anos) Loureiro, España |
Gobernador civil da provincia de Ourense | |
Gobernador civil da provincia de Lugo | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | José García Vidal |
Traxectoria editar
Fillo de Carlos García Vidal e Josefa Vidal Justo. Estudou o bacharelato en Pontevedra, rematando en 1866. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela licenciándose en 1870. Regresou a Loureiro para exercer a avogacía. En 1872 foi alcalde de Cotobade. Foi escribán de Ponte Caldelas, deputado provincial e avogado de beneficencia. Foi nomeado gobernador civil de Lugo o 6 de marzo de 1899. En 1902 foi gobernador civil de Ourense.
Vida persoal editar
Foi pai de José García Vidal.
Notas editar
- ↑ El Progreso,1-5-1928, p. 3.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- "El gobernador enamorado", artigo en Galiciaé.