Logres, tamén coñecido como Logris ou Loegria, é un reino lendario na historia mítica de Gran Bretaña creado por Godofredo de Monmouth a partir de lendas locais. Así pois, Logres sería o reino do Rei Artur na Materia de Bretaña. O nome deriva da forma forma galesa Lloegr, un nome de orixe incerta que significa "Inglaterra".

No contexto da Materia de Bretaña, Logres adoita usarse para describir o territorio dos britanos que aproximadamente coas fronteiras de Inglaterra antes de que fose invadida polos pobos anglosaxóns.[1] De acordo coa crónica pseudohistórica Historia Regum Britanniae de Godofredo de Monmouth, o reino foi nomeado após o rei lendario Locrinus, o fillo máis vello de Brutus de Troia. Na súa Historia, Godofredo usa a palabra Loegria para describir a provincia que contén a maior parte de Inglaterra agás Cornualla e posiblemente Northumberland.

O nome Logres úsase en numerosas obras modernas de fantasía en Gran Bretaña, como en That Hideous Strength de Clive Staples Lewis e Over Sea, Under Stone de Susan Cooper.

Notas editar

  1. Norris J. Lacy, Geoffrey Ashe, Debra N. Mancoff. Logres in The Arthurian Handbook. Garland Reference Library of the Humanities (Book 1920). Routledge; 2nd edition (3 de outubro de 1997) páxina 331. ISBN 0815320817 [1]

Véxase tamén editar

Outros artigos editar