Loa loa

Á dereita, microfilaria de Loa loa
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Nematoda
Clase: Secernentea
Orde: Spirurida
Superfamilia: Filarioidea
Familia: Filariidae
Xénero: Loa
Especie: L. loa
Nome binomial
Loa loa
(Cobbold, 1864)
Sinonimia
Véxase o texto

Loa loa é unha especie de verme nematodo, filiforme, parasito da África central e occidental,[1] Habita principalmente nos bosques tropicais da África occidental, e ten a súa orixe en Etiopía.[2]

Tabán do xénero Chrysops.

A súa presenza no tecido celular subcutáneo nos humanos determina unha filariose (chamada tamén loíase, folariose loa loa e edema de Calabar) da pel e do ollo, transmitida a través das femias das moscas coñecidas como tabáns, do xénero Chrysops.[3]

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1864 polo médico e parasitólogo británico Thomas Spencer Cobbold,[4]

Sinónimo editar

Ademais de polo nome actualmente válido, coñeveuuse tgamén polo sinónimo:[4]

Nota taxonómica editar

Na actualidade, algúns autores sitúan o xénero Loa, na clase Chromadorea, orde Rhabditida e familia Onchocercidae.[5]

Distribución xeográfica e importancia editar

Estritamente limitada a unha gran franxa de territorio africano ao redor do golfo da Guinea, é unha filariase menor, debido ao seu baixo grao de patoxenicidade, a excepción dalgúns casos moi raros.

Morfoloxía editar

Son pequenos vermes brancos, opalinos, coa cutícula grosa. Os femininos poden medir entre 4 e 7 cm de longo e 0,5 mm de diámetro, mentres que os machos son considerabelmente menores (de 10 a 15 mm × 0,4 mm).[1]

Ciclo de vida editar

Os adultos, moi móbiles, viven, frecuentemente máis de 20 anos, no tecido celular subcutáneo do home, movéndose sen cesar á velocidade de 1 cm/min. Teñen unha especial predilección polos ollos.

O ciclo evolutivo de Loa loa ten dous hóspedes: os humanos, que son o hóspede definitivo, e un tabán, as femias de Chrysops, que son hematófagas e pican nas horas de calor, son os vectores.[6]

As filarias femininas xestantes emiten microfilarias de 300 micrómetros ao tecido celular, desde onde pasan á linfa e despois ao sangue; na periodcidade diúrna, están no sangue periférico a mediados do día, de aí o seu nome microfilaria diúrna. Son extraídos de alí por unha femia de Chrysops cando zuga o sangue, pasan á súa cavidade xeral e, converténdose en larvas infestantes, acumúlanse na probóscide, e escapan durante a seguinte picada, penetrando activamente polos tegumentos do novo suxeito e chegando ao tecido celular subcutáneo onde alcanzan o estadio adulto en 3 meses ou máis.

As microfilarias teñen, pois, unha periodicidade diúrna e están revestidas por unha vaíña o cutícula. Durante o día están circulando no sangue e de noite, durante a osúa fase non circulatoria, encóntranse nos pulmóns. Cando a mosca, que ten o hábito de picar de día, chucha o sangue dun hóspede infestado, pode inxerir a microfilaria, perdendo esta a súa envoltura e migrando do aparato dixestivo aos músculos torácicos do artrópodo. É alí onde as microfilarias se desenvolven en larvas, que migran á probóscide preparándose para infestar a un hospedador susceptíbel.

Loa loa tamén pode encontrarse nos ollos, causando opacidade corneal e incluso cegueira.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Gerald D. Schmidt & Larry S. Roberts (2009): Foundations of Parasitology. 8th ed. New York, NY: McGraw Hill. ISBN 978-0-0730-2827-9.
  2. Thomson, M. C.; Obsomer, V.; Dunne, M.; Connor, S. J.; Molyneux, D. H. (2000). "Satellite mapping of Loa loa prevalence in relation to ivermectin use in west and central Africa". The Lancet 356 (9235): 1077–1078. 
  3. Metzger, Wolfram Gottfried; Mordmüller, Benjamin (abril de 2014). "Loa loa—does it deserve to be neglected?". The Lancet Infectious Diseases (en inglés) 14 (4): 353–3575. 
  4. 4,0 4,1 Loa loa (Cobbold, 1864) en IRMING.
  5. Ferris, H. (2008): THE "NEMATODE-PLANT EXPERT INFORMATION SYSTEM", A Virtual Encyclopedia on Soil and Plant Nematodes. Comparison of Morphology- and DNA-based Classifications. Department of Nematology, University of California.
  6. Prevention, CDC – Centers for Disease Control and. "CDC – Loiasis – Biology". www.cdc.gov. Consultado o 21 de fenbreiro de 2021. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Remane, A., Storch, V. e Welsch, U. (1980): Zoología sistemática. Clasificación del reino animal. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0608-2, pp. 15, 117 e 301.
  • Romero-Mayén, A. R. & León-Règagnon, V. (2016}: "A new species of Foleyellides (Nematoda: Onchocercidae) parasite of Lithobates spp. (Amphibia: Ranidae) from Mexico with a key for the species of the genus". Zootaxa 4071 (3): 581–586.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar