Live in the LBC & Diamonds in the Rough

O 16 de setembro de 2008 a banda de música norteamericana Avenged Sevenfold publica un DVD/CD chamado Live in the LBC & Diamonds in the Rough. O DVD contén o concerto gravado o 10 de abril de 2008 no Long Beach Arena, en Long Beach (California), que formaba parte da xira "Rockstar Taste of Caos". Respecto ó CD componse de cancións gravadas durante a produción do álbum Avenged Sevenfold, versións de cancións doutros grupos e material que nunca fora escoitado.

Live in the LBC & Diamonds in the Rough
Álbum de Avenged Sevenfold
Gravación10 de abril de 2008 (DVD)
2006-2008 (CD)
DuraciónDVD: 102 min (extras incluídos)
CD: 53:44 min
Xénero(s)Hard Rock, Metal
Selo(s)Warner Bros. Records
Producido porDVD: Adam Cook e Larry Jacobson para Twentyfourcore Productions
CD: Avenged Sevenfold
Cronoloxía
Avenged Sevenfold (2007) Live in the LBC & Diamonds in the Rough Nightmare (2010)

Live in the LBC (DVD) editar

Características editar

Recolle a actuación ofrecida o 10 de abril de 2008 na Long Beach Arena (Long Beach), como parte da xira "Rockstar Taste of Caos" que encabezaban. Foi dirixido por Rafa Alcantara, o cal tamén traballara con eles no DVD All Excess. Foi producido por Adam Cook e Larry Jacobson. Este inclúe como extras todas as introducións que os membros da banda gravaron no backstage 15 minutos antes do comezo do seu concerto en cada lugar que incluía a xira. Non conta con subtítulos.

Listaxe de cancións editar

  • 01 "Critical Acclaim"
  • 02 "Second Heartbeat"
  • 03 "Afterlife"
  • 04 "Beast and the Harlot"
  • 05 "Scream"
  • 06 "Seize the Day"
  • 07 "Walk" (versión de Pantera )
  • 08 "Bat Country"
  • 09 "Almost Easy"
  • 10 "Gunslinger"
  • 11 "Unholy Confessions"
  • 12 "A Little Piece of Heaven"

Diamonds in the Rough (CD) editar

Características editar

Este CD conta con cancións inéditas, coa versión de "Flash of the Blade" orixinal do grupo Iron Maiden e de "Walk" orixinal do grupo Pantera . Ademais conta con variacións das cancións incluídas no álbum Avenged Sevenfold "Almost Easy" e "Afterlife". "Almost Easy (CLA Mix)" diferenciase da orixinal nas voces, contén algunhas tomas rexeitadas, e foi mesturada por Chris Lord-Alge, en vez de Andy Wallace. "Afterlife (Alternate Version)" contén partes de guitarra tocadas de distinto xeito. Foi producido por Avenged Sevenfold.

Listaxe de cancións editar

  • 01 "Demons" – 06:11
  • 02 "Girl I Know" – 04:23
  • 03 "Crossroads" – 04:30
  • 04 "Flash of the Blade" – 04:01
  • 05 "Until the End" – 04:44
  • 06 "Tension" – 04:50
  • 07 "Walk"– 05:21
  • 08 "The Fight" – 04:07
  • 09 "Dancing Dead" – 05:49
  • 10 "Almost Easy (CLA Mix)" – 03:53
  • 11 "Afterlife (Alternate Version)" – 05:55

Créditos editar

  • M. Shadows - Voz.
  • Synyster Gates - Guitarra principal, coro.
  • Zacky Vengeance - Guitarra rítmica, coro.
  • Johnny Christ - Baixo, coro.
  • The Rev - Batería, coro, e vocalista en "Critical Acclaim", "Afterlife" e "A Little Piece of Heaven".
  • Orquestración "Until the End" por Brian Haner, Sr.
  • Live in the LBC: mesturado por Allan Hessler, produtores executivos Devin Sarno e Wendy Griffiths.