Little Milton, nado o 7 de setembro de 1934, finado o 4 de agosto de 2005, foi un cantante e guitarrista estadounidense de música blues e soul.

Little Milton
Nome completoJames Milton Campbell, Jr.
Data nacemento7 de setembro de 1934
Nado enInverness, Mississippi
Falecemento4 de agosto de 2005
 Memphis
CausaIctus
SoterradoCemiterio Palm Memorial Park
Ocupaciónmúsico, cantante e guitarrista
XéneroBlues, R&B, soul
Instrumento(s)Guitarra, voz
Tempo en activo1953-2005
Na rede
www.littlemilton.com
IMDB: nm0590688 Spotify: 0MPtuQaV2GiRdLjAkPOaan Musicbrainz: 37846227-55fb-444b-9cd7-dc06d5d20714 Songkick: 406694 Discogs: 294304 Allmusic: mn0000300534 Find a Grave: 14134082 Deezer: 66091 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Milton naceu na poboación de Inverness, achantada no Delta do Mississippi, e criouse en Greenville canda seu pai, un granxeiro e músico de blues chamado Big Milton.[1] Aos doce anos comezou a aprender a tocar a guitarra e aos quince estaba tocando en bares e clubs, fortemente influenciado por T-Bone Walker e os seus contemporáneos do blues e do rock and roll.[1] En 1952, cando estaba tocando en bares locais, chamou a atención de Ike Turner, un cazatalentos que traballa daquela para á Sun Records de Sam Phillips. Fixo un contrato con este selo e gravou varios singles, sen moito éxito, abandonándoo en 1955.[1]

Despois de probar varias discográficas sen moito éxito, incluíndo á Trumpet Records, Milton instalouse en St. Louis pola discográfica Bobbin Records, que acabara de facer un acordo de distribución coa Chess Records de Leonard Chess.[1] Como produtor, Milton lanzou á fama a artistas como Albert King e Fontella Bass, ao mesmo tempo que experimentou o seu propio éxito.[1] En 1962, o single "So Mean to Me," púxose na lista de ghits R&B da revista Billboard no posto 14º.

Logo dun pequeno descanso para xirar, compaxinándoo con outros actos, e gravando material novo, volveu ao trapo en 1965 cun son máis puído, similar ao de B.B. King. Despois do mal recibido "Blind Man", lanzou varios singles exitosos. Por exemplo, "We're Gonna Make It," petouno na lista R&B e escoitouse na radio no Top 40, un espazo dominado polos artistas brancos naqueles tempos. "Who's Cheating Who?" acadou o 4º posto na lista dos ghits R&B. Estas cancións foron postas no álbum We're Gonna Make It, sacado o verán dese mesmo ano.

Nos finas dos sesenta lanzou varios singles, publicando un novo álbum en 1969, Grits Ain't Groceries, o nome dun ghit seu. O álbum tamén incluía os éxitos "Just a Little Bit" e "Baby, I Love You". Á morte de Leonard Chess nese mesmo ano, o distribuidor de Milton, Checker Records volveuse un caos, e Milton uniuse á Stax dous anos máis tarde.[1] Adheríndolle complexas orquestracións ás súas creacións, e triunfou con "That's What Love Will Make You Do" e "What It Is" do seu álbum ao vivo What It Is: Live at Montreux. Apareceu no filme documental Wattstax en 1973.[2] Stax estivo perdendo diñeiro durante toda a década e finalmente caeu en bancarrota en 1975.[1]

Logo de deixar Stax, Milton loitou por manter unha carreira, indo para a Evidence, para a Mobile Fidelity Records da MCA, e atopando un fogar na discográfica Malaco Records, onde permaneceu o resto da súa carreira.[1] O seu último ghit foi "Age Ain't Nothin' But a Number," de 1983, incluído no álbum homónimo.[1] En 1988, Little Milton foi incluído no "Blues Hall of Fame" e gañou un "W.C. Handy Award".[1] O seu derradeiro álbum foi Think of Me, publicado en maio de 2005 por Telarc.

Milton finou o 4 de agosto de 2005 logo dunhas complicacións tras un infarto.

Discografía editar

Álbums editar

  • We're Gonna Make It (1965, Chess) (R&B #3 U.S. #101)
  • Sings Big Blues (1966, Checker)
  • Grits Ain't Groceries (1969, Stax) (R&B #41 U.S. #159)
  • If Walls Could Talk (1970, MCA/Chess) (R&B #23 U.S. #197)
  • Waiting for Little Milton (1973, Stax) (R&B #39)
  • What It Is: Live at Montreux (1973, Stax)
  • Blues 'n' Soul (1974, Stax) (R&B #45)
  • Tin Pan Alley (1975, Stax)
  • Friend of Mine (1976, Glades) (R&B #50)
  • Me For You, You For Me (1977, Glades)
  • Walkin' the Back Streets (1981, Stax)
  • The Blues Is Alright (1982, Evidence)
  • Age Ain't Nothin' But a Number (1983, Mobile Fidelity) (R&B #53)
  • Playing for Keeps (1984, Malaco) (R&B #55)
  • I Will Survive (1985, Malaco)
  • Annie Mae's Cafe (1986, Malaco)
  • Movin' to the Country (1987, Malaco)
  • Back to Back (1988, Malaco) (R&B #73)
  • Too Much Pain (1990, Malaco) (R&B #40)
  • Reality (1991, Malaco) (R&B #57)
  • I Need Your Love So Bad (1991, Golden Ear)
  • Strugglin' Lady (1992, Malaco) (R&B #63)
  • I'm a Gambler (1994, Malaco)
  • Live at Westville Prison (1995, Delmark)
  • Cheatin' Habit (1996, Malaco) (Blues #14)
  • For Real (1998, Malaco) (Blues #13)
  • Welcome to Little Milton (1999, Malaco) (Blues #10)
  • Feel It (2001, Malaco)
  • Guitar Man (2002, Malaco) (Blues #8)
  • The Blues Is Alright: Live at Kalamazoo (2004, Varèse Sarabande)
  • Think of Me (2005, Telarc) (Blues #14)
  • Live at the North Atlantic Blues Festival: His Last Concert (2006 Camil)

Singles editar

Lista incompleta

  • "So Mean to Me" (1962) (R&B #14)
  • "Blind Man" (1965) (R&B #86)
  • "We're Gonna Make It" (1965) (R&B #1 U.S. #25)
  • "Who's Cheating Who?" (1965) (R&B #4 U.S. #43)
  • "Man Loves Two" (1966) (R&B #45)
  • "We Got the Winning Hand" (1966) (U.S. #100)
  • "Feel So Bad" (1967) (R&B #7, U.S. #91)
  • "I'll Never Turn My Back on You" (1967) (R&B #31)
  • "Let Me Down Easy" (1968) (R&B #27)
  • "More and More" (1968) (R&B #45)
  • "Grits Ain't Groceries" (1969) (R&B #13, U.S. #73)
  • "Just a Little Bit" (1969) (R&B #13, U.S. #97)
  • "Baby, I Love You" (1970) (R&B #6, U.S. #82)
  • "If Walls Could Talk" (1970) (R&B #10, U.S. #71)
  • "Somebody's Changin' My Sweet Baby's Mind" (1970) (R&B #22)
  • "I Play Dirty" (1971) (R&B #37)
  • "If That Ain't a Reason" (1971) (R&B #41)
  • "That's What Love Will Make You Do" (1972) (R&B #9, U.S. #59)
  • "What It Is" (1973) (R&B #51)
  • "Behind Closed Doors" (1974) (R&B #31)
  • "Tin Pan Alley" (1974) (R&B #51)
  • "Let Me Back In" (1974) (R&B #38)
  • "If You Talk In Your Sleep" (1975) (R&B #34)
  • "Friend of Mine" (1976) (R&B #15)
  • "Baby, It Ain't No Way" (1977) (R&B #94)
  • "Loving You" (1977) (R&B #47)
  • "Just One Step" (1977) (R&B #59)
  • "Age Ain't Nothin' But a Number" (1983) (R&B #89)

Recompilatorios editar

Lista incompleta

  • Greatest Hits (1972, MCA/Chess)
  • Sun Masters (1990, Rounder)
  • Welcome to the Club: The Essential Chess Recordings (1994, MCA/Chess)
  • The Complete Stax Singles (1994, Fantasy)
  • Stand By Me: The Blues Collection [#48] (1995, Orbis)
  • Greatest Hits (1995, Malaco)
  • Rockin' the Blues (1996, MCA Special)
  • Greatest Hits (The Chess 50th Anniversary Collection) (1997, MCA/Chess)
  • Chess Blues Guitar: Two Decades of Killer Fretwork (1998 MCA/Chess)
  • Counting the Days (1997, 601 Records)
  • The Complete Checker Hit Singles (2001, Connoisseur Collection)
  • Anthology 1953-1961 (2002, Varèse Sarabande)
  • Running Wild Blues (2006, Charly)
  • Stax Profiles (2006, Stax)

Aparicións noutros álbums editar

  • Jackie Ross: Take the Weight Off Me (Grapevine) Cinco duetos con Ross
  • Albert King, Chico Hamilton, Little Milton: Montreux Festival (Stax 1974)
  • Varios artistas: Vanthology: Tribute to Van Morrison (Evidence 2004) Milton versiona "Tupelo Honey" Van Morrison.
  • Jean Jacques Milteau: Memphis (Sunnyside) Milton canta "If You Love Someone Set Them Free" de Sting.
  • E. C. Scott: The Other Side of Me (Black Bud) Milton canta dous duetos Scott
  • Gov't Mule: The Deep End Volume 1. Milton canta "Soulshine" con Warren Haynes
  • Willie Dixon: The Chess Box set, Milton versiona "I Can't Quit You Baby"
  • Gov't Mule: Álbum en directo "Mulennium" (3ple CD, 4ple vinilo, 2010, Evil Teen) gravado o 31 de decembro de 2009 no Roxy Theatre, Atlanta, GA.

Citas editar

  • Calquera categoría na que se me queira poñer vénme ben mentres se acepte o que eu fago.
    • "Any category they want to put me in is fine with me as long as they accept what I do." - Little Milton[3]

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 "Biografía por Steve Huey". Allmusic.com (en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2010. 
  2. Tobler, John (1992). NME Rock 'N' Roll Years. Reed International Books Ltd (1ª ed.) (Londres). p. 241. CN 5585. 
  3. Russell, Tony (1997). The Blues - From Robert Johnson to Robert Cray. Carlton Books Limited (Dubai). pp. 138–139. 1-85868-255-X.