Litoral (Pontevedra)

Litoral foi un periódico editado en Pontevedra entre 1953 e 1958.

Litoral

Editar o valor em Wikidata
LocalidadePontevedra
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Apareceu en 1953 co subtítulo de Periódico de Pontevedra y su provincia. De periodicidade bisemanal (luns e xoves), a partir de abril de 1956 publícase tres veces por semana (luns, mércores e venres). Dirixido por Amancio Landín Carrasco, e polo seu irmán Rafael Landín Carrasco dende xuño de 1955, no consello de administración estaban José Pazó Montes, Xosé Filgueira Valverde e Francisco Javier Sánchez Cantón. Nela apareceron algunhas colaboracións de Celso Emilio Ferreiro e os primeiros textos de Méndez Ferrín, baixo o pseudónimo de Laín Feixoo. Cesou a súa edición o 19 de outubro de 1956.

Segunda etapa editar

Tivo unha segunda etapa, entre o 17 de agosto de 1957 e o 18 de xaneiro de 1958, editada por Domingo González Lucas.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar