Lithocarpus edulis

especie de planta

Lithocarpus edulis

Vista da planta
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Hamamelidae
Orde: Fagales
Familia: Fagaceae
Xénero: Lithocarpus
Especie: L. edulis
Nome binomial
Lithocarpus edulis
(Makino) Nakai, 1916
Sinonimia
Véxase o texto

Lithocarpus edulis é unha especie de árbore, pertencente á familia das fagáceas, do grupo dos chamados carballos de pedra, propio do Xapón.

Froitos

Características editar

As principais características desta especie son:[1]

  • É unha árbore perennifolia que alcanza unha altura de 15 m na natureza, pero só chega aos 9 m nos espécimes cultivados.
  • As súas follas son coriáceas e poden seren enteiras ou dentadas.
  • As inflorescencias son similares ás do castiñeiro.
  • As núculas son landras comestíbeis, pero de casca moi dura e de sabor amargo; conteñen taninos que poden eliminarse lavándoas con auga.

Uso editar

É cultivado para su utilización como planta ornamental, e tamén para aproveitar os seus froitos como alimento.

Taxonomía editar

Descrición editar

Lithocarpus edulis foi descrita en 1916 polo botánico xaponés Takenoshin Nakai, baixo o nome de Qurcus edulis, e publicada en Cat. Sem. Tokyo 8.[2]

Etimoloxía editar

Para a do xénero, véxase Lithocarpus.

O epíteto específico edulis, é un termo latino que significa "comestíbel".[3][4][5]

Sinónimos editar

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[2][6][7]

  • Lithocarpus sublepidotus (Blume) Koidz.
  • Pasania edulis (Makino) Makino
  • Quercus edulis Makino (protónimo)
  • Quercus glabra Siebold & Zucc.
  • Quercus glabra var. micrococca Blume
  • Quercus glabra var. sublepidota Blume
  • Synaedrys edulis (Makino) Koidz.

Notas editar

  1. Lithocarpus Arquivado 06 de xullo de 2020 en Wayback Machine. en elhogarnatural.com (en castelán).
  2. 2,0 2,1 Lithocarpus edulis Nakai no GBIF.
  3. edūlis en Charlton T. Lewis and Charles Short (1879): A Latin Dictionary. Oxford: Clarendon Press.
  4. edūlis en Lewis, Charlton, T. (1980): An Elementary Latin Dictionary. New York/Cincinnati/Chicago: American Book Company.
  5. edulis en Gaffiot, Félix (1934): Dictionnaire Illustré Latin-Français. Paris: Hachette.
  6. Lithocarpus edulis en PlantList.
  7. "Lithocarpus edulis". World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 7 de xullo de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar