Lista de froitas
A presente lista pretende enumerar varios tipos de froitas, consideradas comestibles en diversas partes do mundo. Nótese que moitas froitas (dende o punto de vista biolóxico) son consideradas verduras no sentido culinario (por exemplo, o tomate), e non aparecen neste artigo por esa razón. Por outro lado, existen algunhas "froitas", como o amorodo ou o ananás (ou piña) que non son froitos en termos botánicos. Resumindo: aquí faise unha listaxe das "froitas" na acepción corrente da palabra e non na acepción científica.
Algunhas familias teñen un maior número de especies cuxos froitos son comestibles: Myrtaceae, Sapotaceae son algunhas delas.
Froitas de clima temperado editar
As froitas de clima temperado crecen case todas en árbores ou arbustos leñosos ou lianas. Con todo elas non se desenvolven adecuadamente nas rexións tropicais (de clima quente), precipitación atmosférica regular e temperatura media anual superior a 22 °C. Isto é porque existe a necesidade fisiolóxica de ter algúns días de baixas temperaturas (chilling requirement), cerca de 5 a 15 °C, en cada ano anterior á floración. Como se pode percibir, todas as plantas dese grupo son especies que esixen para o seu crecemento normal e a súa posterior frutificación un clima tipicamente frío para un período de repouso fisiolóxico (repouso vexetativo) no que presentan gran resistencia ao frío. As principais froitas de clima temperado son a ameixa ou cirola, a cereixa doce, o albaricoque, a framboesa, a mazá, a noz, a pera e a uva, porque elas son amplamente cultivadas e tamén consumidas globalmente, debido a súa enorme adaptación a moitos lugares diferentes. Porén, existen outras froitas de grande importancia local, non figurando entre as especies producidas basicamente para o comercio. Estas son frecuentemente extraídas da natureza como acontecía durante o Neolítico.
Familia Rosaceae editar
A familia Rosaceae predomina entre as principais plantas produtoras de froito de clima temperado pola súa importancia e tamén polo gran número de especies. Os pomoideos, drupas, amoras, nésperas, amorodos, e o froito da roseira son exemplos de froitas desta familia.
Pseudofroitos Pomoideos editar
- Pseudofroitos do xénero Amelanchier (en inglés: Juneberry ou saskatoon);
- Pseudofroitos do xénero Aronia (en inglés: como chokeberry)
- Froitos do espiño (Crataegus spp.)
- Mazá e mazás bravas (Malus spp.)
- Marmelo (Cydonia oblonga e Chaenomeles spp.)
- Néspera, da nespereira europea (Mespilus germanica) ou da nespereira do Xapón (Eriobotrya japonica)
- Pera (cultivada) e pero (brava); especies europeas e asiáticas (Pyrus spp.)
- Prunus virginiana (coñecida en inglés como chokecherry)
- Pseudofroito das plantas do xénero Rosa spp, froito da roseira ou pero de can (brava).
- Sorba, froito da sorbeira (Sorbus domestica);
Froitos con carabuña (drupas) editar
- Albaricoque (Prunus armeniaca ou Armeniaca vulgaris)
- Cereixa, guinda, e as variedades bravas (Prunus avium, P. cerasus, e outras)
- Ameixa, do cal existen diversas especies domésticas: os fatóns, e bravas: os abruños;
- Pexego (variedade normal e branca), a súa variante glabra, a nectarina, Prunus persica var. nucipersica)
Bagas editar
O termo baga non vai ser usado neste artigo tecnicamente, ou nun sentido botánico. Aquí significa calquera pequena froita, que pode ser totalmente consumida e que, eventualmente, non posúe sementes.
O xénero botánico Rubus, vulgarmente designados como silvas ou framboeseiros, fornece as chamadas pseudobagas. As máis coñecidas froitas dese grupo son as amoras bravas e as framboesas, máis outras, híbridas, como as amora negra e amoras framboesas son tamén moi populares. Hai varias especies e variedades de froitos bravos, que poden provir de silvas (con espiñas) ou non.
As seguintes froitas son consideradas como froitos bravos (froitos do bosque):
- Amoras, nome que inclúe moitas especies e híbridos:
- Amora brava - nome común ás amoras das especies do xénero Rubus
- amoras-framboesas;
- Amora negra (Rubus brasiliensis);
- Amoras brancas bravas;
- Framboesa, froito da framboeseira, que posúe diversas especies;
As verdadeiras bagas predominan na familia Ericaceae, estando moitas adaptadas ao subártico:
- Especies do xénero Vaccinium, entre as cales se conta:
- Bagas de especies do xénero Arctostaphylos' (como Arctostaphylos manzanita ou Arctostaphylos uva-ursi)
- Froitos dos érbedos (Arbutus unedo)
Outras bagas que non son das familias Rosaceae nin Ericaceae:
- Amoras de moreira, Morus spp.; Moraceae)
- Froitos do xénero Berberis (familia das Berberidaceae)
- Froitos do xénero Empetrum (familia das Empetraceae)
- Grosellas; das groselleiras (xénero Ribes spp.; Grossulariaceae), con variedades vermella, negra e branca.
- Bagas dos chuchameles (xénero Lonicera spp.; Caprifoliaceae), algunhas especies son comestíbeies, outras son velenosas
- Bagas do viburno (xénero Viburnum; Caprifoliaceae)
- Bagas do sabugueiro (xénero Sambucus; Caprifoliaceae)
- Bagas do espiño amarelo (Hippophae rhamnoides)
- Bagas de sinforina (Lycium barbarum, Lycium spp.; Solanaceae)
- Amorodo; das amorodeiras (xénero Fragaria spp.; Rosaceae) Incluídos aquí a pesar de non seren froitos nin bagas (son pseudofroitos), aínda que poden considerarse así para efectos comerciais.
Froitas orixinarias de Asia editar
Algunhas froitas nativas da Asia, que non eran moi coñecidas noutros lugares até o século XX:
- Arhat ou siraitia (Siraitia grosvenorii; Cucurbitaceae)
- Caqui ou pausanto (Diospyros kaki; Ebenaceae)
- Che (Cudrania tricuspidata)
- Durián (Durio zibethinus)
- Goumi (Elaeagnus multiflora ovata; Elaeagnaceae)
- Kiwi (Actinidia spp.; Actinidiaceae)
- Kiwai (Actinidia arguta)
- Manga (Mangifera Indica)
- Noni (Morinda citrifolia)
- Lapsi (Choerospondias axillaris Roxb.)
- Nungu (Borassus flabellifer)
- Ruibarbo (Rheum rhaponticum; Polygonaceae)
- Sageretia (Sageretia theezans; Rhamnaceae)
Froitas orixinarias de América do Norte editar
Algunhas froitas nativas da América do Norte, que son habitualmente pouco consumidas:
- Asimina (Asimina triloba; Annonaceae).
- Astragalus caryocarpus; Fabaceae
- Arando (Vaccinium, sect. Cyanococcus; Ericaceae)
- Arando vermello (Vaccinium oxycoccus; Ericaceae)
- Caqui americano (Diospyros virginiana e Diospyros texana; Ebenaceae)
- Capulín (Prunus virginiana; Rosaceae)
- (Coccoloba diversifolia; Polygonaceae)
- Guajuru (Chrysobalanus icaco; Chrysobalanaceae)
- (Heteromeles arbutifolia; Rosaceae)
- (Mastichodendron foetidissimum; Sapotaceae)
- (Podophyllum peltatum); Berberidaceae)
- (Prunus maritima Rosaceae)
- Salal (Gaultheria shallon; Ericaceae)
- Serenoa (Serenoa repens; Ericaceae)
- (Shepherdia argenta; Elaeagnaceae), que crece naturalmente nas pradeiras do Canadá.
- (Rubus parviflorus; Rosaceae)
- (Rubus spectabilis; Rosaceae)
- Uva americana: especies de América do Norte (ex.: Vitis labrusca; Vitaceae) e da uva americana europea híbrida son cultivadas onde Vitis vinifera non se adapta as condicións ambientais e son usadas para facer enxertos.
Cactos e outras plantas suculentas editar
Diversos cactos producen froitos comestibles, que son unha importante e tradicional fonte de comida para algúns pobos nativos de América:
Podocarpos editar
Podocarpos son coníferas da familia Podocarpaceae. Entre eles temos:
- Kahikatea (Dacrycarpus dacrydioides)
- Manoao (Manoao colensoi)
- Nageia (Nageia spp.)
- Podocarpus (Podocarpus spp.)
- Prumnopitys (Prumnopitys spp.)
- Rimu (Dacrydium cupressinum)
Froitas herbáceas anuais editar
Melóns e outros membros das familias Cucurbitaceae e Solanaceae editar
Algunhas froitas de clima temperado, que excepcionalmente non se desenvolven en árbores perennes son::
- Cabaza, incluíndo entre outras:
- (Cucurbita moschata)
- (Cucurbita mixta)
- (Cucurbita maxima)
- (Cucurbita pepovarieties)
- Kiwano ou (Cucumis metuliferus)
- Melón (Cucumis melo)
Hortalizas editar
Unhas poucas hortalizas son ás veces coloquialmente, aínda que incorrectamente, denominadas como "froitas" na mundo culinario:
- Angelica spp.; Apiaceae
- Ruibarbo (Rheum spp.; Polygonaceae)
Infrutescencias editar
As infrutescencias son o resultado da fecundación dunha inflorescencia, aínda que non son, dende un punto de vista botánico, verdadeiros froitos. Entre eles temos:
- Hovenia dulcis, Rhamnaceae
- Amorodo (Fragaria spp.; Rosaceae)
Froitas subtropicais e do Mediterráneo editar
Os froitos desta categoría non soportan condicións de temperatura baixa continuada, aínda que poden resistir a episodios de frío intenso e xeada.
- Amora negra (Morus nigra; Moraceae)
- Xuxuba (Ziziphus zizyphus; Rhamnaceae) (en inglés jujube)
- (Cornus mas; Cornaceae) (en inglés:cornellian cherry)
- Dátil (da datileira Phoenix dactylifera; Arecaceae)
- Sicómoro (Ficus sycomorus. Moraceae) (en inglés: sycomore)
- Figo (Ficus spp. Moraceae)
- Milgranda (Punica granatum; Punicaceae)
- Oliva (Olea europea; Oleaceae)
- Uva, que é chamada pasa cando está deshidratada (Vitis spp.; Vitaceae)
Algúns membros do xénero Citrus (Rutaceae) son plantas de rexións tropicais, polo tanto intolerantes ás xeadas. Non obstante todas as especies comunmente comercializadas son, en xeral, máis resistentes a este fenómeno climático:
- Cidra (Citrus medica) (en castelán cidro ou toronja) Froita orixinaria da Asia
- (Citrus limetta, Rutaceae) (en inglés: sweet lemon)
- Kumquat (do xénero “Citrus” e subxénero Fortunella)
- Laranxa, das cales :
- Citrus sinensis, é unha especie doce
- Citrus aurantium, trátase dunha especie amarga
- Lima (Citrus aurantifolia)
- (Citrus aurantifolia x medica) é un híbrido da Lima (Citrus aurantifolia) e da Cidra (Citrus medica)
- (Citrus x aurantiifolia) é un híbrido da Lima (en inglés: key lime)
- (Citrus x hystrix) é un híbrido da Lima (en inglés: kaffir lime)
- (Citrus x latifolia ) é un híbrido da Lima (en inglés: persian lime)
- Limón (Citrus limon)
- Mandarina (Citrus reticulata), clementina (Citrus reticulata var. Clementina)
- Rangpur (froita) ou mandarina-limón, é tamén outro híbrido da mandarina (Citrus reticulata) có limón (Citrus limon)
- Tangor (Citrus reticulata x sinensis) é tamén outro híbrido da mandarina coa laranxa doce
- Ugli (Citrus reticulata x Citrus paradisi) é un híbrido da mandarina (Citrus reticulata) co Citrus maxima.
- Pomelo (Cítrus paradisi)
- Tangelo ou mandarina pomelo (Citrus reticulata x paradisi) é tamén outro híbrido da mandarina (Citrus reticulata) coa Citrus maxima.
Outras froitas de clima subtropical son:
- Aguacate (Persea americana; Lauraceae, da América Central)
- Alfarrobeira (Ceratonia siliqua; Fabaceae)
- (Annona glabra; Annonaceae) (en inglés: pond-apple)
- Cacahuete (Arachis hypogaea; Fabaceae)
- Caqui (Diospyros kaki; Ebenaceae), de Asia
- Pacana (Carya illinoensis; Juglandaceae
- Chirimoia (Annona cherimola; Annonaceae)
- Feixoa (Feijoa sellowiana; Myrtaceae), do sur do Brasil
- Goiaba (Psidium guajava; Myrtaceae), do Brasil
- Jabuticaba (Myrciaría cauliflora ou Plinía trunciflora; Myrtaceae)
- Kumquat (Fortunella spp.; Rutaceae)
- Longan (Euphorianthus longan; Sapindaceae)
- Lichi (Litchi chinensis; Sapindaceae)
- Lúcuma (Pouteria lucuma; Sapotaceae)
- Macadamia (Macadamia integrifolia; Proteaceae ), de Australia
- Froitas do Maracuxá (Passiflora edulis) e a froita da paixón (Passiflora caerulea); e outras especies de Passiflora spp.; Passifloraceae
- Marmelo (Cydonia oblonga e Chaenomeles spp.)
- (Myrica rubra; Myricaceae) (en xaponés: yamamomo)
- Néspera (Mespilus germanica), de Asia
- (Psidium litorale; Myrtaceae) (en inglés:strawberry guava)
- Tamarillo (Cyphomandra betacea; Solanaceae)
- Ugni (Ugni molinae; Myrtaceae)
Froitas tropicais editar
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |