Lista de accidentes aéreos

artigo de listas da Wikimedia

Esta é unha listaxe dos accidentes de aviación máis importantes da historia. Só o do voo 118 de Aviaco, producido o 13 de agosto de 1973 no aeroporto de Alvedro, tivo lugar en Galicia e produciu vítimas. Ademais, o accidente de Peinador de 1994 tamén está recollido na lista aínda sen producírense vítimas.

Na listaxe inclúense tamén atentados terroristas producidos contra avións.

Data Voo Lugar Mortos Peculiaridade
7 de abril de 1922 Dúas aeronaves baten en voo Sobre Picardía (Francia) 7 A primeira colisión de dous avións no aire.
5 de outubro de 1930 Accidente do voo R101 París 48
10 de outubro de 1933 Un boeing estoura pola acción dunha bomba Chesterton, Indiana (EUA) 8 O primeiro atentado contra un avión
6 de maio de 1937 O cepelín Hindenburg arde cando tenta aterrar Nova Jersey 36 O maior dos accidentes dun cepelín
1 de xuño de 1943 A Luftwaffe derruba un Douglas DC-3 comercial británico Golfo de Biscaia 22 No ataque falece o actor Leslie Howard
12 de agosto de 1947 O británico Star Dust desaparece e emite un estraño código STENDEC Andes 13 O avión non foi localizado ata o ano 2000
24 de outubro de 1947 O voo 608 da United Airlines incéndiase no aire Aeroporto Bryce Canyon (Utah) 52
17 de xullo de 1948 secuestro do Miss Macao entre Hong-Kong e Macau, para roubar Río das Perlas (China) 25 O primeiro secuestro aéreo; o accidente produciuse logo dos ladróns asaltaren o piloto
20 de outubro de 1940 Accidente do Constellation neerlandés Prestwick (Escocia) 40
4 de maio de 1949 Accidente de Superga Turín 31 Entre os falecidos, 18 xogadores do Torino FC
1 de novembro de 1949 Accidente no aire entre o voo 537 da Eastern Air Lines e un pequeno lockheed Aeroporto de Washington 54
24 de xuño de 1950 O voo 2501 da Northwest Orient Airlines desaparece no aire lago Michigan 58
27 de xullo de 1955 Ataque ao voo 402 de El Al Bulgaria 58 O avión israelí procedente de Viena invadiu o espazo aéreo búlgaro e foi derrubado por dous cazas.
6 de outubro de 1955 O voo 409 da United Airlines esnáfrase contra unhas montañas Centennial, Wyoming 66
30 de xuño de 1956 Choque do Gran Canón entre un voo da United Airlines e outro da TWA Gran Canón O primeiro accidente con máis de 100 vítimas
6 de febreiro de 1958 O accidente de Múnic, na engalaxe dun pequeno ambassador Aeroporto de Múnic-Riem 24 Entre os falecidos estaban oito xogadores do Manchester United
14 de agosto de 1958 O accidente de Shannon dun lockheed da KLM Aeroporto de Shannon (Irlanda) 99 Entre os falecidos, seis integrantes do equipo exipcio de esgrima
16 de decembro de 1960 O choque de Nova York entre un voo da United Airlines e outro da TWA Illa Staten (Nova York) 134
15 de febreiro de 1961 O voo 548 de Sabena, un boeing 707, esnáfrase ao aterrar Bruxelas 73 Falece o equipo estadounidense de patinaxe artística
4 de marzo de 1962 O voo 153 de Caledonian Airways, un DC-7, esnáfrase na selva Douala, Camerún 111
16 de marzo de 1962 O voo 739 de Flying Tiger desaparece no océano Pacífico océano Pacífico 101 O avión transportaba 96 soldados estadounidenses cara a Vietnam
3 de xuño de 1962 O voo Château de Sully esnáfrase ao engalar en París Aeroporto de Orly 130
29 de novembro de 1963 O voo 831 de Trans-Canada esnáfrase logo de engalar Aeroporto de Montreal 118
20 de maio de 1965 O voo 705 de Pakistan International esnáfrase ao achegarse ao Cairo O Cairo 119
4 de febreiro de 1966 O voo 60 de All Nippon Airways esnáfrase vindo de Sapporo Baía de Toquio 133
5 de marzo de 1966 No accidente do Monte Fuji esnáfrase un boeing da British Overseas Monte Fuji 124
15 de febreiro de 1970 O accidente do DC-9 da Dominicana prodúcese polo emprego de combustíbel fraudulento Aeroporto Internacional das Américas (Santo Domingo) 102
5 de xullo de 1970 O voo 621 de Air Canada estoura despois dun intento de aterraxe Aeroporto de Toronto 109
9 de agosto de 1970 O voo 502 de LANSA esnáfrase despois de engalar Cuzco 101
14 de novembro de 1970 O accidente de Huntington sófreo un DC-9 da Southern Airways Aeroporto Tri-State Huntington, (Virxinia Occidental) 75 Falece o equipo enteiro de fútbol americano da Universidade de Marshall
30 de xullo de 1971 O voo 58 da All Nippon choca un caza de combate xaponés Shizukuishi 162 O piloto do caza saltou en paracaídas pouco antes do impacto e foi arrestado.
24 de decembro de 1971 O voo 508 da LANSA fendeu no aire e caeu sobre a selva Selva amazónica do Perú 91 Sobreviviu unha soa rapaza, que conseguiu camiñar pola selva durante dez días ata que a atoparon.
18 de xuño de 1972 O accidente de Staines do voo 548 da British European Staines (Reino Unido) 118 Produciuse logo de varios estois consecutivos, por erro do piloto.
13 de outubro de 1972 O accidente dos Andes afectou un avión da forza aérea uruguaia Andes 29 Sobre a peripecia dos 16 sobreviventes rodouse o filme Viven: o milagre dos Andes.
29 de decembro de 1972 O voo 401 de Eastern Air Lines despistouse cunhas luces e esnafrouse nos Everglades Florida 103 73 sobreviventes.
21 de febreiro de 1973 O voo 114 de Libyan Arab Air Lines foi derrubado por cazas israelís ao invadir espazo aéreo Península do Sinaí 108
11 de xullo de 1973 O voo 820 de Varig incendiouse en voo París 123
13 de agosto de 1973 O voo 118 de Aviaco accidentouse en Montrove cando ía de Madrid á Coruña A Coruña 85 O único accidente de importancia sucedido en Galicia. A causa foi a brétema
17 de decembro de 1973 O ataque contra o avión da Pan Am por terroristas palestinos Roma 33 O ataque produciuse contra o avión cando se acababa de embarcar. Despois os terroristas secuestraron un boeing da Lufthansa e fuxiron a Atenas
3 de marzo de 1974 O accidente de Ermenonville no voo 981 da Turkish Airlines Senlis (Francia 346
8 de setembro de 1974 O atentado contra o voo 841 da TWA derrubou este avión Mar Xónico 88 A bomba estaba situada na zona de carga
24 de xuño de 1975 O voo 66 da Eastern Air Lines esnafrouse ao tentar aterrar Aeroporto John Fitzgerald Kennedy 112
15 de agosto de 1976 O pequeno Vickers Viscount (voo 232 da SAETA) desaparece en voo Monte Chimborazo, Ecuador 59 Os restos non foron atopados ata 2002
10 de setembro de 1976 No accidente de Zagreb bateron un avión da British Airways e outro da Inex-Adria Zagreb 176
6 de outubro de 1976 O atentado das Barbados derrubou en voo un avión da Cubana de Aviación Aeroporto John Fitzgerald Kennedy 73 O atentado cometérono terroristas anticastristas
27 de marzo de 1977 No accidente de Los Rodeos bateron un avión da KLM e outro da Pan Am Aeroporto de Los Rodeos (Tenerife) 583 O maior número de vítimas dun accidente aéreo
19 de novembro de 1977 O voo 425 de TAP Portugal saíuse de pista en Madeira Madeira 131
4 de decembro de 1977 O voo 653 das Malaysia Airlines foi secuestrado e logo accidentouse Tanjung Kupang, Malaísia 100
1 de xaneiro de 1978 O voo 855 de Air India caeu ao mar Mar de Arabia 213 Erro técnico e humano
26 de xuño de 1978 O voo 189 de Air Canada esnafrouse na engalaxe Toronto 107 Problema nos pneumáticos
25 de setembro de 1978 O voo 182 da PSA bateu en voo cun Cessna San Diego (California) 135
15 de novembro de 1978 O voo LL 001 da Loftleidir esnafrouse nunha plantación de cocos Katunayake (Sri Lanka) 184 Ía facer unha aterraxe para recargar combustíbel
25 de maio de 1979 O voo 191 de American Airlines esnafrouse na engalaxe Aeroporto de O'Hare (Chicago) 271
26 de novembro de 1979 O voo 740 da Pakistan International Airlines incendiouse en voo Jeddah, Arabia Saudita 156
28 de novembro de 1979 O accidente do monte Erebus afectou un DC-10 de Air New Zealand Monte Erebus (Antártida) 257 O avión golpeou contra o monte mentres facía un voo turístico
19 de agosto de 1980 O accidente de Riad produciuse logo do incendio do voo 163 da Saudi Arabian Riad 301 Logo do incendio, o avión aterrou, pero non foi desaloxado a tempo.
22 de agosto de 1981 O voo 103 da Far Eastern Air Transport desintegrouse no aire Taipei 110
1 de decembro de 1981 O accidente de monte San Pietro produciuse ao bater un avión de Inex-Adria contra este monte Ajaccio, Córsega 180
8 de xuño de 1982 O voo 168 da VASP esnafrouse ao achegarse ao destino Fortaleza, Brasil 137
9 de xullo de 1982 O voo 759 da Pan Am esnafrouse xusto despois da engalaxe Kenner, Louisiana 145
1 de setembro de 1983 No incidente das Sakhalin o exército soviético derrubou un avión comercial coreano Illa Sakhalin 269 Baixo a acusación de invadir espazo aéreo soviético
23 de setembro de 1983 O atentado da Gulf Air provoucouno unha bomba dos terroristas de Abú Nidal Mina Jebel Ali, EAU 117 Estourou en pleno voo
27 de novembro de 1983 O voo 11 de Avianca bateu cun outeiro ao tentar aterrar Mejorada del Campo 181 Erro de navegación ao facer unha parada técnica en Barajas
19 de febreiro de 1985 O accidente de Sondika produciuse ao achegarse un voo de Iberia ao aeroporto Bilbao 148 Na brétema, bateu cun repetidor de televisión, estourou e esnafrouse contra un monte
23 de xuño de 1985 O atentado de Air india foi provocado por unha bomba de terroristas sikhs Mar de Irlanda 329
2 de agosto de 1985 O voo 191 de Delta Air Lines esnafrouse ao achegarse ao aeroporto Aeroporto de Dallas 134 As causas atribuíronselle a unha treboada
12 de agosto de 1985 O accidente do monte Osutaka tivo como vítima un boeing 747 de Japan Air Lines Monte Osutaka, Xapón 520 O peor accidente da historia cun único avión implicado.
31 de marzo de 1986 O voo 940 de Mexicana caeu a terra Maravatío, México 167
9 de maio de 1987 O voo 5055 de LOT tentaba aterrar logo de sufrir problemas técnicos Varsovia 183
16 de agosto de 1987 O voo 255 de Northwest Airlines esnafrouse por un erro na engalaxe Detroit 155 Sobreviviu unha nena de catro anos
28 de novembro de 1987 O voo 295 da South African Airways esnafrouse logo dun incendio no maleteiro Océano Índico 159
29 de novembro de 1987 O atentado da Korean Air derrubou un boeing 707 cunha bomba Mar de Andaman 115
17 de marzo de 1988 O voo 410 de Avianca esnafrouse logo da engalaxe por un erro humano Cúcuta, Colombia 142
3 de xullo de 1988 O ataque á Iran Air derrubou un airbus A300 cun mísil estadounidense Dubai 290
19 de outubro de 1988 O voo 113 da Indian Airlines errou na aterraxe por 8 km. Ahemadabad, India 130
21 de decembro de 1988 O atentado de Lockerbie desintegrou un boeing 747 da Pan Am Lockerbie, Escocia 270 Do atentado foron acusados e xulgados culpables terroristas libios
8 de febreiro de 1989 O voo 1851 da Independent Air esnafrouse contra un monte ao achegarse ao aeroporto Santa María, Azores 144 Do atentado foron acusados e xulgados culpables terroristas libios
7 de xuño de 1989 O voo 764 de Surinam Airways estrelouse nas proximidades do Aeroporto Internacional Johan Adolf Pengel Paramaribo, Suriname 176 A causa foi un erro da tripulación.
19 de xullo de 1989 O voo 232 da United Airlines esnafrouse logo de sufrir problemas técnicos Sioux City, Iowa 111 Do atentado foron acusados e xulgados culpables terroristas libios
19 de setembro de 1989 O atentado á UTA desintegrou un DC-10 da UTA Deserto do Sáhara 170 As pescudas sobre a autoría levaron ata un cuñado de Muammar Gaddafi
27 de novembro de 1989 O atentado a Avianca fixo estourar un boeing 727 desta compañía Colombia 107 O atentado foi reivindicado polo cártel de Medellín
26 de maio de 1991 O voo 004 da Lauda Air desintegrouse no medio do aire Uthai Thani, Tailandia 223 O accidente produciuse por problemas técnicos
11 de xullo de 1991 O voo 2120 de Nigeria Airways incendiou cando levaba peregrinos á Meca Jeddah, Arabia Saudita 261 O lume comezou nos pneumáticos
31 de xullo de 1992 O voo 311 da Thai Airways esnafrouse cando tenta aterrar no Nepal Catmandú, Nepal 111
28 de setembro de 1992 O voo 268 da Pakistan International Airlines esnafrouse tamén no Nepal Catmandú, Nepal 167
19 de maio de 1993 O voo 505 da SAM Colombia esnafrouse cando aterraba en Medellín Monte Páramo de Frontino, Colombia 132 Sumáronse erros humanos, técnicos e a sabotaxe de elementos de navegación por parte de terroristas.
21-23 de setembro de 1993 Os ataques de Tbilisi derrubaron tres avións xeorxianos que saían e entraban do sitio da cidade Tbilisi, Xeorxia 134 O ataque máis grave foi o día 22, cando derrubaron un Tupolev que saía con 132 persoas a bordo, das que faleceron 106
21 de marzo de 1994 O accidente de Peinador produciuse ao aterrar un DC-9 antes de tocar a pista. Aeroporto de Peinador 0 O segundo accidente máis importante da historia de Galicia
26 de abril de 1994 O voo 140 de China Airlines esnafrouse ao aterrar no Xapón Nagoia, Xapón 264 Debeuse a un erro humano
8 de setembro de 1994 O voo 427 de USAir esnafrouse ao aterrar Pittsburgh, Pensilvania 133
18 de decembro de 1995 O accidente de Jamba produciuse despois da engalaxe Jamba, Angola 141 O avión ía sobrecargado
20 de decembro de 1995 O voo 965 da American Airlines esnafrouse contra un monte ao achegarse para destino Santiago de Cali, Colombia 160 Sobreviviron catro persoas e un can
8 de xaneiro de 1996 O accidente do mercado de Kinshasa produciuse ao caer un Antonov sobre unha feira Kinshasa RD Congo 297 O avión ía sobrecargado
6 de febreiro de 1996 O voo 301 da Birgenair caeu ao mar Caribe San Felipe de Puerto Plata, República Dominicana 189
29 de febreiro de 1996 O voo 255 da Faucett esnafrouse contra un monte ao achegarse a aterrar Arequipa, Perú 123
11 de maio de 1996 O voo 592 de Valujet caeu sobre os Everglades Florida 110 Produciuse un incendio na carga.
17 de xuño de 1996 O voo 800 da TWA estourou en pleno voo na costa de Nova York East Moriches, Estados Unidos 230
8 de xaneiro de 1996 O voo 2801 da Vnukovo Airlines esnafrouse contra un monte Spitsbergen Noruega 141
12 de novembro de 1996 No choque de Charkhi Dadri bateron un avión saudita e outro casaco Charkhi Dadri, India 349
23 de novembro de 1996 O voo 961 da Ethiopian Airlines foi secuestrado sobre Kenya e logo caeu ao mar Moroni, Comores 123 O piloto tentou unha amaraxe de emerxencia ao voar sen combustíbel
23 de novembro de 1996 O voo 961 da Ethiopian Airlines foi secuestrado sobre Kenya e logo caeu ao mar Moroni, Comores 123 O piloto tentou unha amaraxe de emerxencia ao voar sen combustíbel
6 de agosto de 1997 O voo 801 de Korean Air esnafrouse cando tentaba aterrar Hagåtña, Guam 228 Tentaba aterrar durante unha forte choiva
26 de setembro de 1997 O voo 152 da Garuda Indonesia bateu contra un monte Buah Nabar, Indonesia 234
19 de decembro de 1997 O voo 185 da SilkAir caeu de súpeto nun río Palembang, Indonesia 102
2 de febreiro de 1998 O voo 387 da Cebu Pacific espetouse contra un monte Pagalungan, Filipinas 104 O avión estaba a seguir unha ruta estraña despois dunha parada imprevista para deixar en terra dous mecánicos
16 de febreiro de 1998 O voo 676 da China Airlines caeu sobre unha urbanización ao aterrar Taipei, Taiwán 202
2 de setembro de 1998 O voo 111 de Swissair caeu ao mar Halifax, Canadá 229
11 de decembro de 1998 O voo 261 de Thai Airways esnafrouse en malas condicións climatolóxicas Surat Thani, Tailandia 102
31 de outubro de 1999 O voo 990 de EgyptAir caeu ao mar ao pouco de engalar Nantucket, Massachusetts 217
30 de xaneiro de 2000 O voo 431 de Kenya Airways caeu ao mar ao pouco de engalar Abixán, Costa do Marfil 159
19 de abril de 2000 O voo 541 de Air Philippines esnafrouse contra un palmeiral cando quería aterrar Davao del Norte, Filipinas 131
25 de xullo de 2000 O accidente do Concorde produciuse logo dun incendio cando o avión tentaba engalar París 109 O modelo foi retirado de servizo despois deste accidente
23 de agosto de 2000 O voo 072 da Gulf Air caeu ao mar cando tentaba aterrar Manama, Bahrein 151
11 de setembro de 2001 Os ataques do 11 de setembro esnafran dous avións contra as Torres Xemelgas de Nova York, un contra o Pentágono e un cuarto nun campo Estados Unidos ± 3000 O número de vítimas mortais totais, incluída a xente que traballaba nas Torres e os bombeiros, é imposible de precisar, pero entre os catro avións 265 persoas.
8 de outubro de 2001 No choque de Milán bateron un avión da SAS e un pequeno cessna contra un edifico de xestión de equipaxes Milán, Italia 118
12 de novembro de 2001 O accidente de Queens sucedeu ao caer un Airbus A300 sobre este barrio de Nova York Queens, Nova York 256
15 de abril de 2002 O voo 129 de Air China esnafrouse contra un monte cando tentaba aterrar Busán, Corea do Sur 128
7 de maio de 2002 O voo 6136 de China Northern Airlines esnafrouse logo dun incendio Dalian, China 112 Un pasaxeiro plantoulle lume ao avión en voo con gasolina
25 de maio de 2002 O voo 611 de China Airlines desintegrouse debido á fatiga de materiais Queens, Nova York 225
6 de marzo de 2003 O voo 6289 de Air Algerie saíuse de pista na engalaxe Tamanrasset, Alxeria 102
25 de decembro de 2003 O accidente de Cotonou levou un boeing 727 saírse de pista logo da aterraxe e foi para o mar Cotonou, Benín 151
3 de xaneiro de 2004 O voo 604 de Flash Airlines caeu ao Mar Vermello Mar Vermello 148
24 de agosto de 2004 Os atentados aos tupolev fixeron estoupar dúas destas aeronaves rusas en voo Rostov Oblast e Tula Oblast, Rusia 89
3 de febreiro de 2005 O voo 904 da Kam Air esnáfrase durante unha treboada de neve Afganistán 104
14 de agosto de 2005 O voo 522 da Helios Airways esnáfrase en voo Grammatico, Grecia 121
16 de agosto de 2005 O voo 708 da West Caribbean Airways esnáfrase en voo Venezuela 160
5 de setembro de 2005 O voo 091 da Mandala Airlines esnáfrase ao aterrar Medan, Indonesia 155
22 de outubro de 2005 O voo 210 da Bellview Airlines esnáfrase ao aterrar Nixeria 117
10 de decembro de 2005 O voo 1145 de Sosoliso Airlines esnáfrase ao aterrar Port Harcourt, Nixeria 110
3 de maio de 2006 O voo 967 da Armavia cae ao Mar Negro Sochi, Rusia 113
9 de xullo de 2006 O voo 778 da S7 Airlines esnáfrase na aterraxe contra un valado de cemento Irkutsk, Rusia 128
22 de agosto de 2006 O voo 612 da Pulkovo Aviation Enterprise esnáfrase na aterraxe Donetsk, Ucraína 170
29 de setembro de 2006 No choque do Mato Grosso baten en voo un boeing 737 e un pequeno Embraer Legacy Mato Grosso, Brasil 154 Non faleceu ningún dos pasaxeiros da avioneta
1 de xaneiro de 2007 O voo 574 da Adam Air cae ao mar Célebes, Indonesia 102
5 de maio de 2007 O voo 507 de Kenya Airways esnáfrase na aterraxe Douala, Camerún 114
17 de xullo de 2007 O voo 3054 de TAM esvara na aterraxe e vai contra unha gasolineira São Paulo, Brasil 199
20 de agosto de 2008 O voo 5022 de Spanair cae cando tentaba a engalaxe Madrid 154
4 de novembro de 2008 A avioneta Learjet 45XR cae cando se achegaba ao aeroporto de Cidade de México Madrid 14, entre eles o ministro de interior mexicano, o galego Juan Camilo Mouriño.
15 de xaneiro de 2009 O voo 1549 de US Airways aterra de emerxencia no río Hudson tras impactar cunha bandada de paxaros Nova York sobreviviron todos os ocupantes
1 de xuño de 2009 O voo 447 de Air France desaparece no océano Atlántico Océano Atlántico 228
30 de xuño de 2009 O voo 626 de Yemenia estréllase no océano Índico Océano Índico 152
15 de xullo de 2009 O voo 7908 de Caspian Airlines esnáfrase 16 minutos despois de engalar Preto de Qazvin, Irán 168
25 de xaneiro de 2010 O voo 409 de Ethiopian Airlines estréllanse no Mediterráneo ao pouco de engalar Mar Mediterráneo 90
12 de maio de 2010 O voo 771 de Afriqiyah Airways esnáfrase ao aproximarse ao aeroporto. Aeroporto de Trípoli 103
28 de xullo de 2010 O voo 202 de Airblue esnáfrase por un erro do piloto. Margalla Hills, Paquistán 152
24 de agosto de 2010 O voo 8387 Henan Airlines esnáfrase nunha aproximación con brétema. Aeroporto de Lindu, China 44

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar