Lista de Príncipes de Mónaco
artigo de listas da Wikimedia
Esta é unha lista cronolóxica dos gobernantes do principado do Mónaco. A maioría pertencen á Casa de Grimaldi; as excepcións, que consisten xeralmente en administradores do principado sobre períodos de ocupación estranxeira, tamén están anotadas.
Señores de Mónaco editar
Príncipes de Mónaco editar
Notas editar
- Francisco Grimaldi é frecuentemente citado como o primeiro reinante do principado, porén el foi só un líder do grupo que tomou a Fortaleza de Mónaco o 8 de xaneiro de 1297. O curmán de Francisco Rainerio I, Señor de Cagnes, foi o primeiro soberano Grimaldi reinante da área actualmente coñecida como Mónaco. O seu sucesor Carlos I, que retomou a Fortaleza despois de trinta anos de Xénova, foi verdadeiramente o primeiro Señor de Mónaco e é habitualmente considerado o fundador da dinastía.
- Tres homes nomeados Lois gobernaron Mónaco: Lois, Señor de Mónaco, dúas veces nos anos de 1390 e 1400; o Príncipe Lois I de 1662 a 1701; e o Príncipe Lois II de 1922 a 1949.
- Xoán I gobernou ou co-gobernou por tres períodos separados. Durante o segundo, despois da morte de seus co-gobernantes Antón e da abdicación de Ambrosio en 1427, continuou como gobernante exclusivo e, por iso, asumiu o número romano I nos futuros textos históricos.
- Comezando en 1612, Honorato II foi o primeiro gobernador monegasco que engadiu o título de Príncipe ao seu antigo título, Señor de Mónaco; foi oficial cando Filipe IV de España recoñeceu Mónaco como Principado en 1633.