Lisa Kathleen Phillips é unha diplomática británica que traballou como Gobernadora de Santa Elena, Ascensión e Tristán de Acuña desde 2016 até 2019.[1][2] Tras 359 anos de dominación británica, Phillips converteuse na primeira muller no posto.[3]

Infotaula de personaLisa Phillips

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor em Wikidata
Governors of Saint Helena, Ascension and Tristan da Cunha (en) Traducir
25 de abril de 2016 – 4 de maio de 2019
← Mark Andrew Capes (pt) TraducirPhilip Rushbrook (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomática Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Desde 1988 formou parte do programa británico de Axuda Oficial ao Desenvolvemento en Barbados, India, Sri Lanka e Indonesia. Desde 1996 traballou para o Departamento de Desenvolvemento Internacional (DFID) do goberno británico. Entre 2002 e 2004 foi xerente do Programa UNICEF e Mancomunidade de Nacións do Departamento de Nacións Unidas e Mancomunidade de Nacións.[1]

Logo retornou ao DFIF onde en 2006 foi designada titular do equipo de Políticas Migratorias e Invesitagción, en 2009 xefa de gabinete da Dirección de Políticas e Investigación e en 2011 xefa do Departamento de Gobernabilidade e Estados Fráxiles.[1] En 2013 foi designada como xefa da oficina do DFID en Kenya, onde traballou até 2016.[4]

Foi nomeada Comendadora da Orde do Imperio Británico nas honras dos aniversarios da raíña Isabel II de 2016 polos seus servizos de axuda internacional.[5]

En canto á súa vida persoal, ten un fillo.[1]

Notas editar