O linotipo é unha máquina inventada por Ottmar Mergenthaler en 1886 que mecaniza o proceso de composición dun texto para ser impreso. O operador, ao premer unha tecla dun aparello similar a unha máquina de escribir seleccionaba un carácter tipográfico determinado, e automaticamente a matriz ou molde da letra particular quedaba libre e saía dun depósito que se situaba no alto da máquina. O devandito molde descendía a un centro común, onde a letra, seguida doutras, formaba palabras e espazados no texto.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar