Lino Álvarez Álvarez
avogado e político galego
Lino Álvarez Álvarez, nado no Carballiño, foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX |
Morte | século XX |
Alcalde do Carballiño | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político |
Familia | |
Fillos | Felisindo Álvarez Xesteira |
Traxectoria editar
Fillo dun alcalde do Carballiño durante a Primeira República. Foi fundador das sociedades agrarias do Carballiño. Concelleiro do Carballiño en 1915, volveu ser elixido concelleiro polo artigo 29 en maio de 1917,[1] e foi nomeado alcalde do Carballiño por Real Orde en xullo dese ano.[2]
Predecesor: Marcelino Enríquez |
Alcalde do Carballiño 1917 - 1920 |
Sucesor: José María del Prado |
Vida persoal editar
Foi pai de Felisindo Álvarez Xesteira.