Linguaxe de programación Scala

linguaxe de programación

Scala é unha linguaxe de programación multi-paradigma deseñada para expresar padróns comúns de programación de forma concisa, elegante e con tipos seguros. Integra sutilmente características das linguaxes funcionais e orientadas a obxectos. A posta en funcionamento actual execútase na máquina virtual de Java e é compatible coas aplicacións Java existentes.

Scala
Paradigmafuncional, orientado a obxectos
Data2003
DeseñadorMartin Odersky
DesenvolvedorLaboratorio de métodos de programación da EPFL
Última versión2.11.7
Tipo de datoestático, forte
Webwww.scala-lang.org

Características editar

Orientación a obxectos editar

Scala é unha linguaxe de programación orientada a obxectos puro, no sentido de que cada valor é un obxecto. O tipo e comportamento dos obxectos descríbese por medio de clases e traits. A abstracción de clases realízase estendendo outras clases e usando un mecanismo de composición baseado en mixins como unha substitución limpa da herdanza múltiple.

Ola Mundo editar

Este é o famoso Ola Mundo escrito en Scala:

object OlaMundo {
  def main(args: Array[String]) =
    println("Ola mundo")
}

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar