Linguas ieniseianas

familia de linguas

As linguas ieniseianas,[3] tamén coñecidas como linguas ieniseiacas, son unha familia lingüística hipotética que pertence ao conxunto das linguas paleosiberianas.

Linguas ieniseianas
Енисейские языки
Falado en: Rusia Rusia
Rexións: Conca do río Ienisei central, Siberia
Total de falantes: 213 (ano 2010) [1]
Familia: Linguas turcas
 Linguas turcas siberianas
  Linguas dené-ieniseianas
   Linguas ieniseianas
Escrita: Cirílico
Regulado por: yeni1252 [2]
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Distribución das linguas ieniseianas no século XVII (raiado) e ao final do século XX (vermello).
Status

Falantes editar

Artigo principal: Pobo ieniseiano.

Son linguas faladas polos ieniseianos, pobos siberianos que habitaron en tempos grandes partes da rexión do río Ienisei, no centro da Siberia.

Suxírese que as linguas ieniseianas falábanse nunha zona moito maior na antigüidade, incluíndo partes do norte da China e de Mongolia.[4]

Pénsase que houbo tres variantes:

  • Ieniseiano meridional (keta)
  • Ieniseiano setentrional †
  • Ruanruano-Xiongnu † (posíbel)

Os únicos sobreviventes actuais son algúns membros do pobo keta.[1]

Orixe editar

Segundo un estudo recente, o pobo ieniseiano e a súa lingua orixináronse probabelmente nalgún lugar preto das montañas Altai ou preto do lago Baikal. Segundo este estudo, os ieniseianos están ligados a grupos paleo-esquimós.[5]

Estado actual editar

A das linguas ieniseianas é unha familia lingüística en perigo de extinción, cunha soa rama sobrevivente, a lingua keta, que tiña tan só uns 213 falantes nativos no ano 2010. A vila de Kellog, en Rusia, é o único lugar onde o keta aínda se ensina nas escolas. Aos alumnos subminístranselle libros especiais para os graos de segundo a cuarto, pero despois deses graos só hai bibliografía rusa para estudar a cultura keta.[1] A día de hoxe non se coñecen falantes monolingües.[6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Kryukova, Elena (2013). "The Ket Language: from descriptive linguistic to interdisciplinary research". Tomsk Journal of Linguistics & Anthropology 1: 39. 
  2. Hammarström, Harald; Forkel, Robert & Haspelmath, Martin, eds. (2017). "Yeniseian". Glottolog 3.0. Jena, Germany: Max Planck Institute for the Science of Human History.
  3. Linguas ieniseianas Arquivado 31 de marzo de 2019 en Wayback Machine. en ieniseiano -na, no Digalego.
  4. Vajda, Edward J. (2013): Yeniseian Peoples and Languages: A History of Yeniseian Studies with an Annotated Bibliography and a Source Guide. Oxford/New York: Routledge. ISBN 978-0-7007-1290-8.
  5. Flegontov, Pavel; Changmai, Piya; Zidkova, Anastassiya; Logacheva, Maria D.; Altınışık, N. Ezgi; Flegontova, Olga; Gelfand, Mikhail S.; Gerasimov, Evgeny S.; Khrameeva, Ekaterina E. (11-02-2016). "Genomic study of the Ket: a Paleo-Eskimo-related ethnic group with significant ancient North Eurasian ancestry". Scientific Reports 6: 20768. Bibcode:2016NatSR...620768F. PMC 4750364. PMID 26865217. arXiv:1508.03097. doi:10.1038/srep20768. Consultado o 31 de marzo de 2019. 
  6. Vajda, Edward J. (2006). Loanwords in the World's Languages: a Comparative Handbook. Berlin: De Gruyter Mouton. pp. 471–500. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar