Lingua vepsia

(Redirección desde «Lingua vepsa»)

A lingua vepsia[5] falada polos vepsios, pertence ó grupo das linguas fino-bálticas das linguas fino-úgricas. Segundo a localización do pobo, a lingua divídese en tres dialectos principais: vepsio do norte (no Lago Onega ó sur de Petrozavodsk, ó norte do río Syväri, incluíndo o antigo Distrito Rural Autónomo Vepsio), vepsio central (na rexión de San Petersburgo e no Óblast de Vologda), e vepsio do sur (na rexión de San Petersburgo). O dialecto do norte é o máis distinto dos tres; porén, aínda é posible para os falantes dun grupo dialectal entenderse cos do outro. Os falantes do dialecto do norte chámanse a si mesmos Ludi (lüdikad), ou lüdilaižed.

Vepsio
vepsän kel'
Falado en: Rusia
Rexións: Vepsia
Total de falantes: 6.355 (censo de 1989[1])
Posición: Non está entre os 100 primeiros [2]
Familia: Urálica
 Linguas ugrofinesas
  Linguas finopérmicas
   Linguas báltico-finesas
    Vepsio
Escrita: Alfabeto latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: recoñecido como lingua minoritaria na República de Carelia[3]
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: vep
Mapa
Status

O vepsio está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[4]

Segundo as estatísticas soviéticas, 12.500 persoas considerábanse etnicamente vepsias ó fin de 1989.

Situación editar

 
Libro escolar en vepsio dos anos 30, antes de que fose prohibida a lingua.

O número de falantes de vepsio entrou en declive dende o século XX, cousa que se viu reflectida nos censos soviéticos. No de 1959 os vepsios eran 16.400 individuos, e tan só o 46,1 % falaban a lingua; baixaron a 8.281 e o 34,3 % de falantes no de 1970, e a 8.094 e o 38,3 % no de 1979.

Dos 12.100 vepsios rexistrados no censo da URSS de 1989, tan só o 50,8 % falaba a súa lingua. Dos 5.945 residentes en Carelia, tan só 2.235 tiñan ó vepsio como lingua materna (49,21 %), e dos 4.273 residentes en Vologda, só 2.983 (o 69,81 %) falaban dita lingua. Os demais falaban ruso, polo cal considérase unha lingua seriamente ameazada.

Entre 1937 e 1939 o réxime stalinista pechou as súas institucións, culturais e escolas tras un período de recuperación, de 1932 a 1937 publicáronse 30 libros en vepsio.[6] Na segunda guerra mundial parte dos vepsios apoiaron os fineses que ocupaban a rexión o que comportou unha forte represión tras a vitoria da Unión Soviética o que contribuíu á diminución do número de falantes. A partir de 1989 produciuse unha certa recuperación da identidade e lingua vepsia, Carelia declarou o vepsio como unha das súas linguas oficiais en 1990 e creouse unha Facultade Vepsia na Universidade de Carelia. Ten algúns cativos que o falan, sendo ensinado nalgunhas escolas primarias, aínda que sen ser obrigatorio. Hai publicado algún poemario e libros sobre poesía dirixidos a estudantes até terceiro grado, así como xornais, programas de radio e televisión, unha gramática e un dicionario, así como partes da Biblia. Cómpre salientar unha actitude positiva cara á lingua.[7]

 
Letreiro bilingüe ruso-vepsio en Carelia

Exemplos editar

A lingua vepsia 1
A lingua vepsia 2

Pronomes persoais editar

Vepsio Galego
Minä Eu
Sinä Ti
Hän El/ela
Nós
Vós
Eles/elas

Números editar

Número Vepsio
1 üks'
2 kaks'
3 koume
4 nell'
5 viž
6 kuz'
7 seičeme
8 kahesa
9 ühesa
10 kümne
11 üks'toštkümne
12 kaks'toštkümne
20 kaks'kümne
34 koumekümne nell'
100 sada
1000 tuha

Texto editar

  • En vepsio:

Sil' nedališ mii kävelimei tačtud deruunoid'me. Pohodas oliba kaks niiččukašt' i nell' prihašt' i opendei mez'. Mii kävelimei enččehe elho. Mii azotimoiš Reboilas deruunas. Toižuu pejuu mii mänimei edemba, a Reboilaha jätimei Valeran da Genan kiitmaha peilongid'. Mii tulimei Noidlaha, kus miid'ämoi kucuiba adivoihe. Sid pertiš oli äi midä enččed elod. Konz mii pörzimoiš Reboilaha, peilong' oli voumiž. Kiitet kartohk kaikile oli mel'he. Jäl'ghe peilongid' minä Valeranke kateimoiš venhuu. Ehtkoičuu mii sanulimei hubid' sarneižid' i kaik pöl'gastuimei. Öl, konz niiččukeižed magaziba, mii libuimei i voidimei hiid hil'uu. Homencuu mii tönduimei kod'he. Mini pohod oli diki melhiine.

A pasada semana vagamos arredor de aldeas desertas. Eramos dúas nenas e catro nenos e o noso profesor na excursión. Fixemos a excursión para recolectar materiais tradicionais. Estivemos na aldea de Reboila (o sitio do raposo). Ó día seguinte continuamos a andar, pero deixamos a Valera e Gena en Reboila para que puidesen cear antes. Chegamos á aldea de Noidala (o sitio do mago), onde fomos convidados a ser hóspedes nunha casa. Naquela vivenda había unha morea de material variado de museo. Cando voltamos a Reboila a cea estaba lista. As patacas asadas estaban boas para tódolos gustos. Logo da cea Valera e máis eu dimos unha volta nun bote. Á noite contamos horríbeis historias de medo polo que estivemos moi asustados. A medianoite despois de que as nenas quedasen durmidas, erguímonos e pintámonos con carbón. Á maña seguinte deixamos a vila e marchamos para casa. Paseino moi ben na excursión.

Notas editar

  1. [1]
  2. Top 100 languages by population
  3. "Законодательные акты: О государственной поддержке карельского, вепсского и финского языков в Республике Карелия". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2017. Consultado o 15 de xullo de 2011. 
  4. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  5. Definición de vepsio, -a no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  6. James Minahan, One Europe, Many Nations, Greenwood Publishing Group, 2000, páxina 723
  7. Vepsio en Ethnologue (inglés)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar