Lingua saami de Ume

Lingua urálica

A lingua saami de Ume (ubmejesámiengiälla) é unha lingua urálica falada por 20 persoas en Suecia, e antigamente en Noruega. Trátase dunha lingua moribunda en grave risco de desaparición que pertence á familia de linguas saamis. Adoitaba falarse ao longo do río Ume ao sur do actual concello de Arjeplog, en Sorsele e Arvidsjaur.[3]

Lingua saami de Ume
ubmejesámiengiälla
Falado en: Noruega e Suecia
Rexións: Laponia
Total de falantes: 20 (2000)[1]
Familia: Linguas urálicas
 Linguas saamis
  Linguas saamis occidentais
   Lingua saami de Ume
Escrita: Latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: sju
Mapa

A lingua saami de Ume é a número 2.
Status

O saami de Ume está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

Notas editar

  1. Informe do Ethnologue para o saami de Ume
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Pekka Sammallahti, The Saami languages: an introduction, Kárášjohka, 1998