Lingua poitevina-saintongeais

O poitevino-santoñés, chamado tamén parlanjhe ou poetevin-séntunjhaes é unha lingua románica da familia das linguas de oïl, marcada por orixes occitanas. É falada na rexión de Poitou-Charentes, en Vendée, en Maine e Loira, no norte da Gironda (en Aquitania). Ademais é falada en certas rexións de Indre e Loira, do Alto Vienne e da Dordoña, nas antigas provincias de Poitou e da Saintonge, en Francia.

Poitevino-santoñés
Parlanjhe
Outros nomes:Poetevin-séntunjhaes
Falado en: Francia Francia
Rexións: Poitou-Charentes
Aquitania
Países do Loira
Total de falantes: Descoñecido
Posición: Non está entre as 100 máis faladas.
Familia: Indoeuropea
 Itálico
  Románico
   Italo-occidental
    Galoibérico
     Galorrománico
      Galorrético
       Oïl
        Poitevino-santoñés
Escrita: Alfabeto latino
Regulado por: Non ten regulación oficial
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Status

O poitevino-santoñés está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Ortografía editar

A escritura normalizada do poitevino-santoñés desenvolveuse entre os anos 1985-1995. Non é fonética senón fonolóxica (unha mesma grafía pódese pronunciar de diversos xeitos).

Literatura editar

O primeiro testemuño escrito do idioma está en estatutos e documentos legais que datan do século XIII, e o primeiro texto impreso data de 1554. Unha tradición de escritos teatrais e monólogos dramáticos para ser representados tipifica a produción literaria nesta lingua, aínda que dende o século XIX ao século XX (especialmente coa publicación do semanario le Subiet dende 1901) estabelecéronse tamén publicacións xornalísticas regulares. Guillerme IX o trobador foi o primeiro poeta neste idioma.

Falantes editar

François Rabelais naceu no Indre e Loira e foi educado en Fontenay-le-Comte (Vendée) e por tanto, era coñecedor da lingua.

Dialectos editar

  • Pays de Retz
  • Marais de Challans o Marais nord
  • Niortais, Mellois, Saint-Maixentais
  • Bressuirais, Mirebalais
  • La Vendée
  • Saintonge

Exemplo de texto editar

  • En poitevino-santoñés : le poetevin-séntunjhaes ét de l'aeràie daus parlanjhes d'oéll, mé le cote l'aeràie de çhélés d'o. O fét que l'at daus marques daus deùs bords. Mé l'at étou daus marques rén qu'a li.
  • En galego: O poitevino-santoñés está dentro da zona das linguas de oïl, mais en contacto coa área das linguas de oc. Por iso ten características das dúas beiras. Mais ten tamén características propias.

Proverbios editar

  • Meûx vaut chômer que mal moudre (Vale máis no facer ren que traballar malamente)
  • Beunaise se mache à bout de ne rin faire (A comodidade pérdese a base de non facer nada)
  • Qui va chapt'it, va loin (Que vai tranquilo vai lonxe)
  • Meûx vaut s'moucher deux fois que s'arracher le nez (Vale máis pegarse dous croques que arrincarse o nariz)

Notas editar

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar