O pintupi é unha lingua aborixe australiana. É unha das linguas wati da zona suroeste pertencente a unha póla da familia pama-nyungana. É unha das variedades da lingua do deserto occidental (WDL nas súas siglas en inglés).

Pintupi
Outros nomes:Guugu Yalandji, Gugu Yalandyi
Falado en: Australia Australia
Rexións: Australia Occidental, Territorio do Norte
Total de falantes: 203 pintupi (censo de 2006)
Familia: Pama-nyungana
 Wati
  Deserto occidental
   Pintupi
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: piu
Mapa
Status

Características editar

Pintupi é o nome comunmente usado para se referir a unha variedade das linguas do Deserto Oeste faladas por aborixes da área oeste do lago MacDonald e o lago Mackay no oeste de Australia. Esta xente moveuse (ou foi movida) das comunidades aborixes da Papunya e Haasts Bluff ao oeste do Territorio do Norte entre 1940 e 1980 (os últimos pintupis deixaron o seu tradicional modo de vida no deserto en 1984). En décadas recentes volveron ao seu territorio de orixe, xuntándose aos Kintore (en pintupi coñecidos como Walungurru) no Territorio do Norte, e aos Kiwirrkura e Jupiter Well (en Pintupi Puntutjarrpa) no oeste da Australia.

Os rapaces que naceron en Papunya e Haasts Bluff medran falando unha nova variedade de Pintupi, agora coñecida como Pintupi-Luritja, consecuencia do seu próximo contacto con falantes de arrernte, warlpiri e outras variedades das WDL. Isto continuou mentres seguiron movéndose cara ao oeste até o punto de que hoxe en día case todos os pintupi falan Pintupi-Luritja, malia que quedan claras distincións entre a maioría das variedades do oeste e o leste.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar