Lingua oligosintética

Unha lingua oligosintética (do grego ὀλίγος, que quere dicir "pouco" ou "pequeno") é calquera linguaxe que use moi poucos morfemas, talvez uns poucos centos, o que combina unha forma sintética para crear oracións. Sería antónimo á linguaxe polisintética. A oligosíntese é na súa maioría teórica e dependería basicamente na creación de longas palabras compostas.

Non existen linguaxes naturais humanas que sexan oligosintéticas. As linguas nativas americanas náhuatl e siksiká mostraron no pasado ter cualidades oligosintéticas (segundo Benjamin Whorf), mais a comunidade lingüística considéraas polisintéticas.

Debido a que non existen linguas naturais que mostren propiedades oligosintéticas, algúns lingüistas sosteñen que unha verdadeira lingua oligosintética é imposible ou nada práctica para un uso produtivo entre humanos.

Algunhas linguas auxiliares, por exemplo a lingua sona, o aUI, o ygyde, o kali-sise, o vuyamu e o kah , deberían ser considerados oligosintéticos.

A neolingua falada en Oceanía na novela 1984 tende teoricamente a ser unha lingua oligosintética, xa que o obxectivo era reducir os morfemas.