Lingua mocho’

lingua maia

O mocho’ ou mototzintleco é unha lingua maia falada no leste do estado de Chiapas, México. É unha lingua da póla occidental maia. Os falantes de mocho' refírense á súa propia lingua como qatô:k, que quere dicir 'a nosa lingua'.[1] O tuzanteco está estreitamente relacionado con ela, aínda que está considerado un dialecto.

Mocho’
Outros nomes:Mototzintleco, Qato'k
Falado en: México
Rexións: leste de Chiapas
Total de falantes: menos de 30 (2011)[1]
Familia: Maia
 Q’anjob’al
  Mocho’
Escrita: Alfabeto latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: México (lingua nacional)
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: mhc
Mapa
Status

O mocho está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

O mocho' está considerada unha lingua moribunda, con menos de 30 falantes rexistrados, e non existe traspaso xeracional da lingua ás novas xeracións. A maioría dos falantes son bilingües co castelá, que está a subtituír ó mocho' no sur de México.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Palosaari, N. E. (2011). Topics in mocho' phonology and morphology (Doctoral dissertation). The University of Utah, Salt Lake City, UT.
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Kaufman, T. (1969). Preliminary mocho' vocabulary (Working Paper 5). Berkeley, CA: University of California.
  • Campbell, L. (1988). The linguistics of southeast chiapas, mexico (Vol. 50). Provo, UT: Brigham Young University Press.
  • Martin, L. (1998). Irrealis constructions in mocho' (mayan). Anthropological Linguistics (2), 198-213.