A lingua hausa[2] é un membro das linguas afroasiáticas. É falada por unhas 24 millóns de persoas, os hausas, como lingua nativa, e por outras 15 millóns de persoas como segunda lingua.

Hausa
Harshen Hausa هَرْشَن هَوْسَ‬
Falado en: O Níxer, Nixeria, Ghana, Benín, o Camerún, Costa do Marfil, Togo e o Sudán.
Total de falantes: 43,6 millóns (2015–2016)
20 millóns como segunda lingua
Familia: Afroasiático

 Chadiano
  Occidental
   Hausa-guandara

    Hausa
Escrita: Latina (alfabeto boko)
Árabe (escrita ajami)
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Níxer Níxer (status nacional)
Nixeria Nixeria
Ghana Ghana (status nacional)
Códigos de lingua
ISO 639-1: ha
ISO 639-2: hau
ISO 639-3: hau
SIL: HUA
Mapa
Status

O hausa está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Clasificación editar

O hausa pertence ás linguas chadianas occidentais, un subgrupo das linguas chadianas, e por iso é un membro das linguas afroasiáticas. É un idioma tonal.

Distribución xeográfica editar

Os falantes nativos encóntranse no Níxer e no norte de Nixeria, pero úsase como lingua franca nunha área maior na África occidental, especialmente entre os musulmáns, considerándose unha lingua importante do continente.

Notas editar

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para hausa.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar