Lingua bardi

lingua australiana

O bardi é unha lingua aborixe de Australia falada por entre 152 e 160 persoas na península de Dampier, en Australia Occidental. Pertence á familia lingüística de linguas nyulnyulan. Trátase dunha lingua en perigo de extinción xa que as novas xeracións do pobo bardi teñen o inglés como lingua materna, polo que moitos enténdena pero non a falan. Os falantes son principalmente adultos de idade avanzada[3].

Bardi
Outros nomes:Baadi, Baardi, Badi e Bard
Falado en: Australia Australia
Rexións: Península de Dampier
Australia Occidental
Total de falantes: entre 152[1] e 160[2] (2006)
Familia: Linguas nyulnyulan
 Linguas nyulnyulan occidentais
  Lingua bardi
   Bardi
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: bcj
Mapa
Status

Dialectos editar

Existen varios dialectos de lingua bardi mais non hai consenso sobre o seu número. Segundo Robert Malcolm Ward Dixon (2002), os seguintes dialectos son mutuamente intelixíbeis co bardi:

Porén, Ethnologue (2006) considéraos a todos linguas diferenciadas, agás o ngumbarl. Esta postura está apoiada polos lingüistas que traballaron nesas linguas, incluíndo a Claire Bowern e a William McGregor. Os falantes de bardi tamén as consideran como linguas distintas.

Notas editar

  1. AUSTLANG (ed.). "Bardi". Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2016. Consultado o 23 de abril de 2016. 
  2. Ethnologue (ed.). "Bardi. Population". Consultado o 23 de abril de 2016. 
  3. Ethnologue (ed.). "Bardi. Language Use". Consultado o 23 de abril de 2016. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar