O amahuaca é unha lingua da familia pano que se fala no Brasil e o Perú, e nese país ten a consideración de lingua oficial no seu territorio.

Amahuaca
Falado en: O Perú e o Brasil
Rexións: Amazonas
Total de falantes: 310 (1995–2000)[1]
Familia: Pano
 Amahuaca–jaminawa
  Amahuaca
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: amc
Mapa
Status

O amahuaca está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

Historia editar

Antes da chegada dos españois entre 6 e 9.000 amahuacas habitaban unha superficie de 30.000 km², divididos en múltiples subgrupos. Os primeiros contactos cos españois déronse no século XVIII. No século XIX a maioría dos amahucas deixaron as ribeiras dos ríos Ucayali e Urubamba. En 1892, logo de enfrontamento cos canibo, shipibo e piro, os amahuacas quedaron decimados. O exército peruano masacrou en 1943 os amahuacas que vivían no curso alto do río Purús. Os poucos amahuacas que sobreviviron agrupáronse e como resultado destruíuse a organización tradicional.

Situación actual editar

Na actualidade o amahuaca conta con entre 300 e 400 falantes. No Perú hai 247 amahuacas censados en 6 comunidades (2000), deles no ano 2000 uns 100 falaban a lingua, pero os nenos xa non a falan e o mesmo grupo étnico estase desintegrando e perdendo a súa identidade diferenciada por mor da alta taxa de matrimonios mixtos. O territorio amahuaca abrangue o curso dos ríos Sepahua, Inuya, Curiuja, Curanjá e Yuruá nos departamentos de Ucayali e Madre de Dios. No Brasil os 220 amahuacas censados no ano 1995 falaban a lingua, o territorio amahuaca localízase no estado de Acre. Ademais pode haber 50 amahucas non contactados na fronteira peruana-brasileira.

Dialectos editar

  • Inuvayen (Brasil)
  • Inuya (Perú)
  • Sepahua (Perú)
  • Viwivakeu (Brasil)

Escrita editar

Existe algún material escrito na lingua, a partir de 1963 misioneiros cristiáns traduciron pasaxes da Biblia, libros didáctios e de contos tradicionais, e existe tamén un dicionario e unha gramática.

Notas editar

  1. Ethnologue (ed.). "Amahuaca en Ethnologue (18th ed., 2015)". Consultado o 26 de outubro de 2017. 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar