O alawa é unha lingua australiana que se fala en Hodgson Downs e noutros asentamentos achegados, no curso alto dos ríos Cox e Arnold, preto do río Roper, na Terra de Arnhem, Territorio do Norte.

Alawa
Outros nomes:Galawa
Falado en: Australia Australia
Rexións: Terra de Arnhem, Territorio do Norte
Total de falantes: 4 (censo de 2016)[1]
Familia: Arnhem
 Gunwingguan
  Alawa
Escrita: alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: alh
Mapa
Status

Estudos e publicacións editar

Entre 1966 e 1968 a lingüista Margaret Sharpe estudou a lingua, froito deste traballo foi a publicación de Ninda nanggaya Alawirryunu (1976), historias alawas en alawa, kriol e inglés. Alawa song buk (1991), Alawa Wanggaya: Alawa-Kriol-English Dictionary (1999) e Ruwu Alawirryunu (Libro das plantas en alawa) (2001).
En 2003 o lingüista Greg Dickson publicou o libro Stori brom det dubala dog, Ngalima en Ngabalarra (Historia de dous cans, Ngalima e Ngabalarra) e axudou a establecer clases de alawa na escola local de Hogson Downs.

Notas editar

  1. "Census 2016, Language spoken at home by Sex (SA2+)". stat.data.abs.gov.au (en inglés). Australian Bureau of Statistics. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2018. Consultado o 29 de outubro de 2017. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar