Lingua aguacateca

lingua

O aguacateco (awakateko) é unha lingua maia de Guatemala.

Aguacateco
Qa'yol
Outros nomes:Awakateco, chalchiteco, coyotin,[1] aguateca, awaketeco ou balamiha[2]
Falado en: Guatemala e México (escasas minorías en Chiapas e Veracruz)
Rexións: Aguacatán e Los Altos Cuchumatanes
Total de falantes: 18.000
Familia: Linguas maias
   Quicheano-Mameano
    Mameano Maior
     Ixilano
      Aguacateco
Escrita: Alfabeto latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Recoñecido, respectado e promovido (mais non oficial) en Guatemala segundo a reforma do artigo 143 da Constitución Guatemalteca. Recoñecida como lingua nacional en México.
Regulado por: Non está regulado
Códigos de lingua
ISO 639-1: ningún
ISO 639-2: myn
ISO 639-3: agu
SIL: AGU
Mapa
Status

O aguacateco está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[3]

Distribución xeográfica editar

A principal concentración dáse no concello de Aguacatán, no departamento de Huehuetenango, onde viven 7.800 aguacatecos.

Escrita e usos sociais editar

Hai publicadas unha gramática e un dicionario. En 1971 completouse a tradución do Novo Testamento. En 1992 constituíuse a asociación Comunidade Lingüística Awakateka, para a promoción da lingua aguacateca e publicación de estudos, que en 2003 tiña 177 membros.

Notas editar

  1. "Other names for AGUACATECO". Global Recordings Network (en inglés). Global Recordigs Network. Consultado o 26 de xuño de 2007. 
  2. "Awakateko" (en inglés). everyculture.com. Consultado o 27 de xuño de 2007. 
  3. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar