Limonita

Limonite

A limonita (do latín limus que significa prado) é un mineraloide da clase dos hidróxidos cuxa fórmula química é 2Fe2O3·3H2O. É un material amorfo.

Limonita
Limonita co seu típico aspecto terroso
Fórmula química2Fe2O3·3H2O
ClaseHidróxidos
Sistema cristalinoNingún, amorfo
CorParda
BrilloTerroso
Dureza5-5,5
FracturaIrregular
ExfoliaciónInexsitente
RaiaAmarela
Densidade3,6-4,4 g/cm3

Aspecto editar

Non presenta cristais (á excepción da pirita limonitizada). Aparece de forma masiva con cores pardas. A súa estrutura interna non está ordenada en celas unidade, por iso, neste caso en concreto, non estamos a falar exactamente dun mineral senón dun mineraloide amorfo.

Lugares onde se atopa editar

En zonas de oxidación nas que a presenza de ferro é vital. A limonita é un mineraloide procedente da alteración de vexetais nas augas ricas en ferro. É frecuete tamén que certos minerais coma a pirita, dexeneren por meteorización e se convertan en limonita.

Atópase en abundancia en Riotinto (Huelva).

Usos da limonita editar

A limonita utilízase coma fonte para obter ferro.

É utilizada tamén para fabricar abonos e fertilizantes.

Outros hidróxidos editar

Outro hidróxido a destacar é a bauxita.

Véxase tamén editar