Ligamento trapezoide

O ligamento trapezoide é un ligamento do membro superior humano, pertencente á articulación acromioclavicular, localizada no ombreiro. Forma parte do ligamento coracoclavicular e está pegado ao ligamento conoide. Une, ao igual que o conoide, a clavícula (insírese na liña trapezoide da clavícula) e o acromion. Xunto co conoide forma un triángulo ligamentoso. O bordo anterior é libre e non está en contacto con outras estruturas.

Ligamentos da articulación acromioclavicular.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.