Liga dos Comunistas de Eslovenia

partido comunita esloveno

A Liga dos comunistas de Eslovenia (en esloveno: Zveza komunistov Slovenije, ZKS e en serbocroata: Savez komunista Slovenije) foi a rama eslovena da Liga dos Comunistas de Iugoslavia, o único partido legal de Iugoslavia entre 1945 e 1989. Estableceuse en abril de 1937 como o Partido Comunista de Eslovenia, como a primeira rama subnacional autónoma do Partido Comunista Iugoslavo. A súa autonomía inicial amplificouse aínda máis coa constitución iugoslava de 1974, que transferiu maior poder ás distintas ramas a nivel de república.

Liga dos Comunistas de Eslovenia
Historia
FundaciónAbril de 1937
Disolución4 de febreiro de 1990
Posicións políticas
IdeoloxíaEsquerda, comunismo, marxismo-leninismo
Outros datos
SedeLiubliana, RS de Eslovenia, RFS de Iugoslavia

Historia editar

En 1989 Eslovenia aprobou emendas á súa constitución que afirmaban a súa soberanía sobre a federación e o seu dereito á secesión. Estas modificacións afrontaron unha dura oposición do liderado de Serbia, con Slobodan Milošević á cabeza. O 23 de xaneiro de 1990, a delegación eslovena, dirixida por Milán Kučan, abandonou o Congreso da Liga dos Comunistas de Iugoslavia, o que provocou o colapso do partido pan-iugoslavo.

O 4 de febreiro de 1990 a Liga dos Comunistas de Eslovenia cambiou o seu nome polo Partido da Reforma Democrática (Stranka demokratične prenove - SDP), e pouco despois comezaron as negociacións coa oposición para o establecemento dun sistema multipartidista. En abril de 1990, os comunistas da reforma perderon as eleccións fronte á coalición DEMOS . En 1992 deixaron de ser o maior partido de esquerda e entraron nun período de transformación radical, que gañou forza coa elección de Borut Pahor como presidente do partido. Os seus sucesores legais son os Socialdemócratas (SD).

Líderes do partido editar

Outros líderes influentes

Véxase tamén editar

Notas editar