Liga Superibérica

A Liga Superibérica foi unha liga española de rugby creada en 2009 co propósito de ter por vez primeira unha competición profesional deste deporte en España. Baseada nun sistema de franquías, e tomando como modelo o deporte profesional americano, a liga estivo composta por seis equipos, que cedían os seus dereitos á empresa Steelman Sport, que era a encargada de xestionar a comercialización da Liga. Foi unha competición que coexistiu coa División de Honra.

Nacemento da Liga Superibérica editar

O primeiro concepto da competición era que fose unha liga pechada, 100% profesional, na que competisen 10 equipos de España, Portugal e Xibraltar. A competición iniciaríase a mediados de abril para non coincidir coas datas da División de Honra, e remataría a comezos de xullo.

Historia editar

A primeira e única edición celebrouse en 2009, desputándose o encontro inaugural o 24 de abril dese ano. Nel enfrontáronse Vacceos Cavaliers e La Vila Mariners. Tras un nacemento un pouco accidentado pola ausencia das franquías portuguesas e da xibraltareña, coas que se contaba para esa tempada inaugural, a tempada desenvolveuse dun xeito inesperado polos bos resultados que tiveron os Mariners, proclamándose xustos vencedores da fase regular da liga, tras vencer a case que tódolos favoritos ao título. Na final a 4 celebrada no Estadio Teresa Rivero de Madrid, enfrontáronse as franquías de Euskadi, Madrid e Cataluña xunto cos gañadores da fase regular. Logo dunhas boas semifinais, nas que os catro equipos tiveron opcións até o remate dos encontros para clasificarse para a final, conseguiron pasar á mesma o equipo valenciano de La Vila Mariners e os Gatos de Madrid. A final rematou cun empate a 28, saíndo campións os madrileños por ter acadado un maior número de ensaios. A final foi presenciada por arredor de 5.000 persoas e retransmitida en directo por Canal +.

Sistema de competición editar

O sistema de competición foi unha liga regular a dúas voltas (partidos de ida e volta) de 6 equipos cunha final a 4 (ao estilo da Euroliga en baloncesto). Este sistema deu de si un total de 10 xornadas de liga regular mais as semifinais, o encontro polo 3º e 4º posto e a final, sumando un total de 34 encontros.

Sistema de puntuación editar

  • Cada vitoria suma 4 puntos.
  • Cada empate suma 2 puntos.
  • Catro ensaios nun partido suma 1 punto de bonus.
  • Perder por unha diferenza de sete puntos ou inferior suma 1 punto de bonus.

Ascensos e descensos editar

Non existían ascensos nin descensos de categoría ao ser unha liga de franquías pechada.

Franquías editar

As franquías, deberanse axustar a uns requirimentos de admisión, formándose unha Xunta Xeral por parte dos clubs, xogadores e adestradores. Os equipos eran de 35 xogadores, sendo 10 profesionais cun soldo mínimo preestablecido pola organización, debéndose achegar á SIR a copia dos contratos. Por outra banda, establecerase un límite salarial dun millón de euros brutos e os estadios debían ter cabida como mínimo para 3.000 seareiros. O gañador acadou un premio en metálico.

Franquías participantes editar

 
 
 
 
 
 
 
 


 
 
 
 
 
 
 


 
 
 
 
 
 
 
 


 
 
 
 
 
 
 
 


 
 
 
 
 
 
 
 


 
 
 
 
 
 
 
 


Estas foron as franquías participantes na Liga Superibérica 2009:

Equipo País Sede
Basque Korsarioak   País Vasco Donostia (Guipúscoa)
Catalunya Blaus Almogàvers   Cataluña Sant Boi de Llobregat
Gatos de Madrid   Comunidade de Madrid Madrid
La Vila Mariners   Comunidade Valenciana La Joiosa
Sevilla FC Andalucía Rugby   Andalucía Sevilla
Vacceos Cavaliers   Castela e León Valladolid

Edición 2010 editar

Durante os meses posteriores ó remate da primeira edición, fixéronse xestións para que a SIR medrase con 2 franquías portuguesas, de Lisboa e Porto, e cunha franquía do Campo de Xibraltar. A Federación Española de Rugby nunca foi favorable a este torneo, sendo inflexible á hora de negociar os calendarios para non solapar a División de Honra coa SIR. Finalmente tampouco houbo acordos económicos, nin de colaboración por parte dalgúns clubs, de xeito que a competición foi suspendida.

En 2011 houbo novamente conversas ó respecto, para facelo intento de resucitar á SIR, pero sen acadar ningún éxito.

Resultados editar

Tempada regular
Equipo Puntos Xogados Gañados Empates Perdidos Bonus
1   Mariners 36 10 7 1 2 6
2   Gatos 33 10 7 0 3 5
3   Korsarioak 31 10 6 1 3 5
4   Almogavers 21 10 4 0 6 5
5   Vacceos 16 10 3 0 7 4
6   Cartujanos 9 10 2 0 8 1
A vitoria vale 4 puntos e o empate 2. Os bonus, dun punto cada un, danse por conseguir 4 ensaios ou máis, e por perder por 7 puntos ou menos.
Semifinais
Mariners 36 - 20 Almogavers 3 de xullo de 2009Estadio Teresa Rivero, Madrid
Asistencia: 2.150
Árbitro: Pedro Montoya

 
Gatos 28 - 9 Korsarioak 3 de xullo de 2009Estadio Teresa Rivero, Madrid
Asistencia: 3.350
Árbitro: Paulo Lameirão

 
Final
Mariners 28 - 28* Gatos 5 de xullo de 2009Estadio Teresa Rivero, Madrid
Asistencia: 5.300
Árbitro: Félix Villegas

 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar