O Liezi (chinés tradicional e simplificado: 列子; pinyin: Liè Zĭ; Wade-Giles: Lieh4-tzu3) é unha das tres obras fundamentais do taoísmo filosófico, xunto coas máis coñecidas de Laozi e Zhuangzi. É atribuído a Lie Yukou, a quen se considera un personaxe lendario.

O texto foi inscrito na librería imperial co nome de "Tratado da Perfecta Vacuidade". Xeralmente é considerada a máis práctica das obras taoístas principais, fronte ao máis filósofico Dao De Jing ou ao máis poético Zhuangzi.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.