Lidia Liss

actriz arxentina de orixe galega

Lida Encarnación Avilés, nada en Porto do Son o 1 de maio de 1898 e finada en Avellaneda o 27 de xuño de 1976, foi unha actriz arxentina de ascendencia galega, coñecida como Lida Liss. Foi pioneira do cine mudo no seu país.

Infotaula de personaLidia Liss

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de maio de 1898 Editar o valor em Wikidata
Porto do Son, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xuño de 1976 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Avellaneda, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , actriz de cinema Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaJosé Agustín Ferreyra (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1264680 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Sen experiencia previa debutou como actriz en 1919 co filme Campo ajuera, dirixido por José Agustín Ferreyra e protagonizado por Nelo Cosimi e Diego Figueroa, desempeñándose segundo Leopoldo Torres Ríos "cunha sobriedade e unha firmeza de xesto pouco común".[1] Liss iniciou a súa carreira logo de ser presentada por Fanny Loy a Ferreyra, co cal traballou en oito dos seus filmes.[2]

Xa para o ano 1925 e logo do filme, Y era una noche de carnaval, a súa fama foi minguando, e ó non ter xa relación con Ferreyra, a súa imaxe foise diluíndo do mundo artístico[3]

Vida privada editar

Tivo un romance co director arxentino José Agustín Ferreyra. Morreu aos 78 anos por causas naturais o domingo 27 de xuño de 1976.

Filmografía editar

Notas editar

  1. Jorge Miguel Couselo: El negro Ferreyra, un cine por instinto pág. 38. Editorial Freeland Buenos Aires 1969
  2. "La Historia del tango" (1). 
  3. "Historia del Cine Argentino". Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2018. Consultado o 07 de marzo de 2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar