Lidar

unha tecnoloxía que consiste en calcular distancias dende un emisor láser cunha luzada láser

LIDAR (son as siglas en inglés de Light Detection and Ranging ou Laser Imaging Detection and Ranging) é unha tecnoloxía que consiste en calcular distancias dende un emisor láser cunha luzada láser. O sistema é moi sinxelo xa que consiste en calcular distancias sabendo o tempo que tarda a luzada láser en chegar ó destino final da distancia. Esta tecnoloxía é parecida ós contaquilómetros dos coches que calculan a velocidade do vehículo calculando canto tardan en dar unha volta sobre si mesmas as rodas dianteiras. En xeral, a tecnoloxía lidar, ten aplicacións en xeoloxía, sismoloxía e física da atmosfera.

LIDAR utilizado para o escaneo de edificios, formacións rochosas etc. co obxectivo de xerar modelos 3D.

Por exemplo en xeoloxía: fanse medicións de distancias con láser para aplicacións de mapas a grande escala, procesos de contorno e curvas de nivel para ortofotos dixitais.

Características e vantaxes editar

Centrándonos máis no tipo de tecnoloxía, podemos dicir que a tecnoloxía empregada é como a que usan os policías nas súas pistolas láser para determinar a velocidade dos vehículos que circulan no tráfico rodado. Deste xeito podemos destacar algunhas das vantaxes da tecnoloxía láser fronte outras tecnoloxías de medición de distancias:

  • É moito máis rápido.
  • Ó emitir unha luzada láser, non diverxe tanto e é moito máis estreito que o do radar que se dispersa e rebota no contorno.
  • É máis fácil de manexar, transportar e manter.
  • É máis económico que un radar.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar