Libro de horas

libro devocional cristián
(Redirección desde «Libro de Horas»)

Un libro de horas, aínda que cada un sexa único, contén unha colección de textos litúrxicos, de oracións e de salmos, coas ilustracións correspondentes, constituíndo unha escolma básica para a práctica da relixión católica. É o tipo máis corrente de obra medieval con ilustracións miniadas ou iluminuras.

Páxina dun libro de horas británico, o Book of Hastings, ca. 1470.

Na súa forma orixinaria o libro de horas non recollía senón os textos apropiados para as horas litúrxicas. Co tempo, o texto foi enriquecido con datos como un calendario cos rezos e as misas para certos días festivos.

Como numerosos libros de horas están ilustrados, constitúen a fonte dunha importante documentación iconográfica da vida, en especial para os séculos XV e XVI, e tamén sobre o cristianismo tardomedieval.

Desde finais do XV, foron impresos libros de horas, realizados por xeral con técnicas xilográficas.

O máis célebre dos libros de horas é posibelmente Les Très Riches Heures du Duc de Berry, realizado polos irmáns de Limbourg entre 1412 e 1416 por encargo do duque de Jean I de Berry , e que tamén encargou Les Petites Heures de Jean de Berry, Les belles heures du Duc de Berry e Les Riches heures du Duc de Berry.

Con frecuencia ao longo do XVI, o libro de horas era o primeiro e único libro que se compraba. Porén estes libros impresos, menos luxuosos, eran denominados, sinxelamente, "devocionarios".

Véxase tamén editar

Outros artigos editar