Liberdade de prensa

A liberdade de prensa é a liberdade ou a inmunidade dos medios de comunicación para publicar ou espallar información, xa sexa mediante a impresión, emisión ou publicación electrónica, sen ningún tipo de control gobernamental ou censura. Aínda que a liberdade de prensa é a ausencia da influencia estatal, ela pode ser garantida polo goberno a través da lexislación.

Índice de liberdade de prensa en 2008, segundo a organización Reporteiros Sen Fronteiras.

Tamén é un dos principios fundamentais da maioría dos sistemas democráticos do mundo e está baseado na liberdade de opinión e a liberdade de expresión.

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou en 1993 o día 3 de maio como o Día Mundial da Liberdade de Prensa [1].

Notas editar

  1. "Día Mundial de la Libertad de Prensa" (en castelán). Consultado o 2022-11-23. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar