Li Da (chinés tradicional: 李達; chinés simplificado: 李达; pinyin: Lǐ Dá), nado en Yongzhou o 2 de outubro do 1890 e finado en Wuhan o 24 de agosto do 1966, foi un filósofo marxista chinés.[1][2]

Infotaula de personaLi Da (李达)
Biografía
Nacemento2 de outubro do 1890
Yongzhou, Hunan
Morte24 de agosto do 1966
Wuhan, Hubei
Lugar de sepulturaBabaoshan Revolutionary Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Head of the Central Propaganda Department of the Chinese Communist Party (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeChinesa
Grupo étnicoHan
EducaciónHunan University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMarxismo, philosophy and politics (en) Traducir, economics and politics (en) Traducir, socioloxía e dereito Editar o valor em Wikidata
OcupaciónFilósofo, escritor
Período de actividadeSéculo XX
EmpregadorUniversidade Jinan
Sun Yat-sen University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de China Editar o valor em Wikidata
Membro de
MovementoMarxismo
LinguaChinés
Obra
Obras destacables
Shehuixue dagang 社会学大纲 (1937)
Familia
CónxuxeWang Huiwu
FillosLi Xintian (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Li Da foi director do Departamento de Publicidade do Partido Comunista da China, do que foi fundador en xullo do 1921.[1][2] En setembro dese mesmo ano, creou a Editorial do Pobo, primeira editora do partido.[2] Li abandonou o partido no 1923, xa que consideraba a cooperación co Kuomintang como un xiro cara ao reformismo.[2] Con todo, seguiu a manter relacións próximas con membros do partido.

Li traduciu numersosas obras do marxismo europeo ao chinés. O seu libro máis importante foi Shehuixue dagang 社会学大纲 ("Rudimentos de socioloxía", 1937), que influíu no pensamento de Mao Zedong. Li contribuiu a popularizar a Nova Filosofía en China, unha corrente que tivo gran relevancia na Unión Soviética durante a década dos 30.[3]

Tras a constitución da República Popular da China no 1949, Li volveu ao partido. Foi presidente da Universidade de Hunan entre o 1949 e o 1953, e da Universidade de Wuhan entre o 1952 e o 1966. Non obstante, foi moi criticado e, incluso, linchado ao comezo da Revolución Cultural. Faleceu no 1966, e non sería rehabilitado até a morte de Mao.

Vida persoal editar

Li estivo casado con Wang Huiwi, coa que tivo tres fillos. A súa filla máis vella, Li Xintian, morreu dunha enfermidade durante a segunda guerra sino-xaponesa. Tiveron outros dous fillos: unha rapaza, Li Xinyi, e mais un rapaz, Li Xintian, un dos introdutores da psicoloxía médica na China.[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "李达:党的一大会议召集人--党史频道--人民网". dangshi.people.com.cn. Consultado o 2024-01-25. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "李达 - 搜狗百科". baike.sogou.com. Consultado o 2024-01-25. 
  3. Knight, Nick (2019-06-17). Li Da And Marxist Philosophy In China. New York: Routledge. ISBN 978-0-429-49923-4. doi:10.4324/9780429499234/li-da-marxist-philosophy-china-nick-knight. 
  4. "著名心理学家李心天逝世,系中国共产党早期领导人李达之子_中国政库_澎湃新闻-The Paper". www.thepaper.cn. Consultado o 2024-01-25.