Liña 3 do metro de Barcelona

Coordenadas: 41°23′04″N 2°06′43″L / 41.384444444444, 2.112

A liña 3 ou liña verde do metro de Barcelona é unha liña de ferrocarril metropolitano soterrada que dá servizo na cidade de Barcelona. É a liña máis antiga do metro, inaugurada o ano 1924 e bautizada como Gran Metro, unindo as estacións de Cataluña e Lesseps, baixo a xestión da compañía Grande Metropolitano de Barcelona ata a fusión con Ferrocarril Metropolitano de Barcelona.

L3
L3
Estación de Lesseps

Actualmente une as estacións de Zona Universitària e Trinitat Nova, nun trazado de dobre vía soterrada. As cocheiras atópanse en Sant Genís. As antigas cocheiras de Lesseps xa non dan servizo e tiñan a peculiaridade de estar situadas nunhas naves no exterior, subindo e baixando os trens cun elevador.[1] Actualmente ten 18,4 quilómetros de lonxitude e vinte e seis estacións.[2]

Estacións da liña 3

Notas editar

  1. Vilaweb, ed. (22 de abril de 2006). "Punto e a parte. Accesos fáciles desde o principio". Consultado o 30 de agosto de 2010. 
  2. Transports Metropolitans de Barcelona, ed. (10 de xullo de 2010). "A rede de metro de TMB chega aos 100 km coa prolongación do L2 ao centro de Badalona". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 1 de outubro de 2010.