Leviathan (filme de 2014)

Filme de 2014 dirixido por Andrey Zvyagintsev

Leviathan (ruso: Левиафан, Leviafan) é un filme dramático ruso dirixido por Andrey Zvyagintsev, co-escrito por Zvyagintsev e Oleg Negin, que se estreou no 2014. Está protagonizado por Aleksei Serebryakov, Elena Lyadova e Vladimir Vdovichenkov. Segundo Zvyagintsev, inspirouno a historia de Marvin Heemeyer nos Estados Unidos e fixo unha adaptación ó contexto ruso.[4] O desenvolvemento do personaxe protagonista ten paralelismos coa figura bíbliba de Xob.[5] O produtor Alexander Rodnyansky declarou: "Lida con algúns dos máis importantes temas sociais da Rusia contemporánea mais nunca se converte nun sermón do artista ou nunha protesta pública; é a historia do amor e a traxedia experimentada por xente corrente".[6] A crítica considerou o filme como formidable[7][8] polo tratamento de temas como o destino, o poder e o diñeiro.[7]

Leviathan
Ficha técnica
Título orixinalLeviathan
DirectorAndrey Zvyagintsev
ProdutorAlexander Rodnyansky
Guión
  • Andrey Zvyagintsev
  • Oleg Negin
Intérpretes
FotografíaMikhail Krichman
Estudio
DistribuidoraFox[2]
EstreaCannes: 23 de maio de 2014
5 de febreiro de 2015
Duración141 minutos[3]
OrixeRusia Rusia
XéneroDrama
OrzamentoRUB 220m
Recadación$3 400 000[2]
Na rede
http://www.sonyclassics.com/leviathan/
IMDB: tt2802154 Filmaffinity: 900794 Allocine: 228247 Rottentomatoes: m/leviafan Mojo: leviathan2014 Allmovie: v597778 TCM: 2061448 Metacritic: movie/leviathan-2014 Editar o valor em Wikidata

O filme foi seleccionado para competir pola Palma de Ouro no Festival de Cannes de 2014.[9] Zvyagintsev e Negin gañaron o premio ó mellor guión.[10] Foi escollido como mellor filme do ano no Festival de Cinema de Londres de 2014 e no 45º Festival Internacional de Cinema da India. Gañou o Globo de Ouro ó mellor filme en lingua non inglesa.[11] Tamén foi nomeado ós Premios Oscar na categoría de mellor filme en lingua non inglesa na 87ª edición dos Oscar.

Personaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Felperin, Leslie (22 de maio de 2016). The Hollywood Reporter, ed. "'Leviathan': Cannes Review". Consultado o 14 de decembro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 Box Office Mojo (ed.). "Leviathan (2014)". Internet Movie Database. Consultado o 8 de marzo de 2015. 
  3. British Board of Film Classification, ed. (17 de outubro de 2014). "LEVIATHAN (15)". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 24 de novembro de 2014. 
  4. «Если больше нет юродивых, кто скажет о беззаконии и лжи?», Kommersant.ru, 14 de maio de 2014
  5. Leviathan review – a compellingly told, stunningly shot drama
  6. Hopewell, John; Keslassy, Elsa (17 de febreiro de 2014). Variety, ed. "Berlin – Pyramide Intl. Rolls Out Pre-sales on 'Leviathan,' Russian Director Andrey Zvyagintsev's Follow-Up to 'Elena'". Consultado o 21 de marzo de 2014. 
  7. 7,0 7,1 Cannes 2014 review: Leviathan – a new Russian masterpiece
  8. Film Review: ‘Leviathan’
  9. Cannes (ed.). "2014 Official Selection". Consultado o 17 de abril de 2014. 
  10. Cannes (ed.). "Awards 2014 : Competition". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2013. Consultado o 25 de maio de 2014. 
  11. 72ND ANNUAL GOLDEN GLOBE® AWARDS NOMINEES ANNOUNCED Arquivado 27 de febreiro de 2017 en Wayback Machine.. dickclark.com. Consultado o 11 de decembro de 2014.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar