O Levítico (en grego: Λευιτικός, Leyitikós, ‘acerca dos Levitas’; en hebreo: ויקרא, vaiiqrá, "e El chamou") é o terceiro libro da Biblia. Forma parte do Pentateuco, ou Torá para os xudeus. Contén normas relixiosas polas que debía rexirse o pobo de Israel.

Levita hebreo

Contido editar

  • Capítulos 1 a 7: leis sobre os sacrificios: clasificación, vítimas axeitadas, comportamento dos sacerdotes.
  • Capítulos 8 a 10: leis sobre os sacerdotes, consagración dos mesmos e normas sobre as súas funcións.
  • Capítulos 11 a 16: normas sobre pureza legal, condioción dos alimentos para ser puros, pureza legal nas enfermidades, e sobre a roupa ou as casas.
  • Capítulos 17 a 23: lei da santidade do pobo, dos sacerdotes e dos días festivos.
  • Capítulos 24 a 27: algunhas normas sobre as cerimonias e sobre a blasfemia; leis sociais sobre o xubileu, os anos sabáticos, décimos e votos.

Autor editar

Das catro fontes autoras do Pentateuco, o Levítico é obra exclusiva da sacerdotal.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Libro anterior:
Éxodo
Levítico
(Pentateuco)
Libro seguinte:
Números