Let It Bleed é o oitavo álbum británico e décimo estadounidense da banda inglesa de rock The Rolling Stones, publicado o 5 de decembro de 1969 a través do selo Decca Records no Reino Unido e London Records nos Estados Unidos. Editado pouco despois da súa xira estadounidense de 1969, é a continuación do Beggars Banquet de 1968 e o derradeiro en contar con Brian Jones, ademais do primeiro onde aparece Mick Taylor.

Let It Bleed
Álbum de The Rolling Stones
Publicado5 de decembro de 1969
GravaciónNovembro de 1968 - novembro de 1969
Estudio(s) Olympic Studio, Londres
Duración42:13
Xénero(s)hard rock, blues
Selo(s)Decca (RU)
London (EEUU)
Producido porJimmy Miller
Cronoloxía
Beggars Banquet Let It Bleed Sticky Fingers

Listaxe de cancións editar

Todos os temas compostos por Mick Jagger eKeith Richards, agás onde se indique.

Cara 1
N.º Título Duración
1. "Gimme Shelter"   4:30
2. "Love in Vain" (Robert Johnson) 4:19
3. "Country Honk"   3:07
4. "Live with Me"   3:33
5. "Let It Bleed"   5:27
Cara 2
N.º Título Duración
6. "Midnight Rambler"   6:52
7. "You Got the Silver"   2:50
8. "Monkey Man"   4:11
9. "You Can't Always Get What You Want"   7:30